O profesorado mutualista de MUFACE xa pode cambiar ao SERGAS no mes de xuño

O proceso de cambio só require unha solicitude

O sindicato anima o profesorado galego a optar polo sistema público de saúde xa que, ao igual que no ensino, é o que garante a maior equidade entre todas e todos os traballadores, así como a mellor calidade asistencial.

Durante todo o mes de xuño o profesorado mutualista de MUFACE poderá cambiar de entidade médica. Neste ano 2018 a entidade introduciu unha modificación positiva ao permitir que os cambios non se limitasen ao mes de xaneiro de cada ano, como estaba fixado até o ano anterior, senón que se habilitou tamén o mes de xuño.

Sen embargo, a CIG-Ensino detectou que non se asinara nin publicara o convenio coa sanidade pública, polo que só se podería cambiar en xuño a entidades privadas. No propio mes de xaneiro, desde o sindicato remitiuse un escrito á Dirección Xeral de MUFACE instando a este organismo á negociación e á publicación do convenionecesario para poder incluír o cambio ao SERGAS no mes de xuño. Xa naquel momento MUFACE comprometeuse a ter cumpridos todos os prazos antes do mes de xuño e así garantir a nosa demanda. En datas recentes vén de publicarse no BOEo convenio que o permite, equiparando os novos prazos para cambios de entidade coa sanidade pública aos que existen para as entidades privadas (xaneiro e xuño de cada ano).

O proceso só require a presentación nas sedes da Mutualidade do impreso de solicitudeou ben xestionalo directamente na sede electrónica de MUFACE.

Volver