• 20180614Ferrol.jpg
  • 20180614Vigo.jpg
  • 20180614Compostela.jpg
  • 20180614Ourense.jpg
  • 20180614Pontevedra.jpg
  • 20180614ACoruña.jpeg
  • 20180614Lugo.JPG

O profesorado galego mobilízase por unhas negociacións reais

Esixe unhas negociacións nas que se fale da recuperación dos dereitos e dos cartos roubados, non só da "equiparación"

A CIG Ensino esixe a apertura das negociacións para a recuperación do roubado, unha suba salarial digna e a mellora das condicións laborais do profesorado: xornada lectiva, rateos, afíns, redución de burocracia, xestión democrática dos centros, estabilidade para o persoal interino, transparencia nas vacantes…

Nas concentracións convocadas pola CIG-Ensino este xoves -despois da farsa de negociacións que a Consellaría prolongou artificiosamente durante seis reunións para finalmente quedar suspendidas á espera de que algunha organización sindical faga movementos- quedou clara que a postura do profesorado galego é firme en canto a esixir unha negociación real para a recuperación dos nosos dereitos e dos cartos roubados, e non só para a "homologación" salarial.

Polo tanto, despois de que a administración se pechara en banda desde o comezo a negociar calquera outra cuestión que non fora esta suposta "equiparación" salarial en base a uns criterios pechados e centrando a súa proposta nunha mera posición de ranking, o sindicato esixe que se respecte o persoal docente, compensándoo dos recortes salariais que sufriu desde a chegada de Feijóo á Xunta de Galiza, restituíndolle as pagas extras detraídas entre 2013 e 2016, así como o dereito a cobrar integramente o salario durante as incapacidades temporais por enfermidade e aplicándolle unha suba digna que permita a recuperación do poder adquisitivo perdido.

Desde o sindicato animamos o profesorado a secundar tamén as concentracións convocadas pola CIG o vindeiro 19 de xuño en varias vilas e cidades galegas para demandarlle ao novo goberno do Estado pensións e salarios dignos, a derrogación das leis máis lesivas para a clase traballadora e para as liberdades civís promulgadas nos últimos anos, así como a derrogación da LOMCE.

Comezo de curso con mobilizacións

No tocante á negociación retributiva, agardamos que o presidente da Xunta desatasque a situación e permita avanzar na recuperación dos dereitos detraídos durante o seu mandato. Do contrario, o vindeiro curso arrancará con mobilizacións, incluída a convocatoria de folga.

 

Volver