O Ministerio de Facenda concede a devolución do IRPF dos permisos de maternidade e paternidade ao funcionariado de MUFACE

Así o comunicou o Ministerio e a propia MUFACE

O Ministerio de Facenda vén de comunicar que a devolución das contías do IRPF retidas a aquelas persoas que gozaron dun permiso de maternidade ou paternidade desde o ano 2014 vai ser efectiva para aquelas funcionarias e funcionarios adscritos ás diferentes mutualidades públicas como MUFACE

A CIG-Ensino valora positivamente está nova interpretación do Ministerio de Facenda, xa que o que unha mutualista de MUFACE percibe durante o permiso retribuído por parto ou paternidade é, certamente,  unha retribución mais ten un carácter prestacional xa que non se presta servizo durante ese tempo.  De feito, apropia Lei Xeral da Seguridade Social, no artigo 177, considera situación protexida non só a maternidade regulada no Estatuto dos e das traballadoras senón tamén o permiso por parto regulado no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP). Por tanto, o tratamento fiscal debe ser o mesmo.

Acceso á solicitude de devolución do IRPF na web da Axencia Tributaria: ligazón

Para a declaración do ano 2018, xa deberían estar ben os datos fiscais que nos remita a propia facenda.

Volver