O día 30 de xaneiro, concentracións por uns criterios racionais para acollerse á xornada única

Pola racionalización das condicións para a xornada unica

O 16 de xaneiro, a CIG-ENSINO e as restantes organizacións sindicais participamos nunha concentración de delegados e delegadas, diante da Consellaría de Educación para trasladarlle as nosas reivindicacións para a negociación dun novo proxecto de orde sobre a implantación da xornada única. Ao final da mobilización presentamos un escrito dirixido á Conselleira de Educación en que tamén lle solicitábamos unha entrevista urxente e lle manifestábamos a nosa vontade de continuar coas mobilizacións de non mudar a súa actitude.
O día 30 de xaneiro, concentracións por uns criterios racionais para acollerse á xornada única
 
O 16 de xaneiro, a CIG-ENSINO e as restantes organizacións sindicais participamos nunha concentración de delegados e delegadas, diante da Consellaría de Educación para trasladarlle as nosas reivindicacións para a negociación dun novo proxecto de orde sobre a implantación da xornada única. Ao final da mobilización presentamos un escrito dirixido á Conselleira de Educación en que tamén lle solicitábamos unha entrevista urxente e lle manifestábamos a nosa vontade de continuar coas mobilizacións de non mudar a súa actitude (podedes ler aquí o escrito presentado).

De acordo con isto, a CIG-ENSINO e as restantes organizacións sindicais convocamos a todo o profesorado e ANPAs a concentracións o día 30 que se realizarán ás 18:30 da tarde nos seguintes lugares:
        • Santiago: Praza do Toral.
        • Pontevedra: Delegación de Educación.
        • Ourense: Delegación de Educación
        • Lugo: Edificio da Xunta de Galiza.
Nestas concentracións están chamadas a participar as ANPAs.
A CIG-ENSINO fai un chamamento á participación nestas concentracións pois é necesario trasladarlle á Consellaría de Educación a demanda de que nos presente un novo proxecto de orde que, entre outras cuestións, recolla que:
  • Para proceder á modificación da xornada se requirirá a participación do 50 % do censo, entendendo un só voto por unidade familiar, e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes.
  • O transporte escolar nunca condicionará o cambio de xornada lectiva proposta e aprobada pola comunidade educativa.
Ademais, desde a CIG-ENSINO levamos recollidas preto de 3000 sinaturas en prol da modificación dos criterios para a implantación da xornada única en sesión de mañá. Ao mesmo tempo seguimos recollendo os pronunciamentos do Claustros e Consellos Escolares, e recadando o apoio das ANPAs.

Entrega de sinaturas

Imaxes das concentracións de delegados/as

Volver