• ferrol (1).jpeg
  • ferrol (1).jpg
  • ferrol (5).jpg
  • monforte (1).jpg
  • monforte (2).JPG
  • monforte (3).jpg

O Correlingua chega á meta mañá mércores 16 de maio en Vigo

Esta semana a marcha polo futuro da lingua que organizan A Mesa, a CIG-Ensino e a AS-PG fixo paradas en Monforte e Ferrol

Coas actividades programadas para mañá mércores na cidade olívica serán 15.000 os e as estudantes que terán participado este ano na carreira lúdico-educativa que demanda o uso da galego como lingua vehicular no ensino, así como un maior prestixio social do noso idioma.

Onte luns, 14 de maio, o Correlingua chegaba a Monforte e contaba coa participación de medio cento de alumnos e alumnas de 9 centros do sur da provincia de Lugo. Hoxe era a quenda de Ferrol onde por mor da chuvia non se puido celebrar a marcha, pero si todos os actos que estaban previstos no Auditorio. En concreto, os 1.400 nenos e nenas chegados de 12 centros da comarca (dos concellos de Ferrol, Fene, Neda e Narón) asistían esta mañá en dúas sesións ás actuacións de Pakolas e Cé Orquestra Pantasma ataviados con camisetas que locían o lema deste ano do Correlingua: A lingua non para.

Coas actividades previstas para mañá en Vigo, o Correlingua consolidouse un ano máis como un referente nos centros educativos galegos no mes das Letras. En total, arredor de 15.000 estudantes inscribíronse nas distintas marchas que se celebraron por varias vilas e cidades galegas. A CIG-Ensino, organizadora da actividade xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, agradece a colaboración de todo o profesorado implicado neste proxecto que vai xa pola súa 18ª edición.

Volver