Información da mesa sectorial: CAFI, CFR, persoal asesor e addenda do acordo de persoal interino

Modificación addenda interinas, concurso de asesorías formación, CAFI e CFR

A mesa celebrouse o martes día 5 ás 10:30 horas.

Orde do día:

1.-Concurso de méritos para a dirección dos CFR, asesorías no Servizo de Formación do Profesorado, prazas no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e nos centros de formación e recursos.

Ligazón ao borrador
Ligazón ao CIG Informa (conxunto das dúas ordes)

2. Concurso de méritos para prazas de persoal asesor na Consellaría.

Ligazón ao borrador
Ligazón ao segundo borrador, remitido pola Consellaría o luns 4 de xuño ás 15:12 horas.
Ligazón ao CIG Informa (conxunto das dúas ordes)

3.- Addenda ao acordo de interinos.

  • Texto da Addenda remitido pola Consellaría o luns 4 de xuño ás 13:43 horas.

    MODIFICACIÓN DO ACORDO DO VINTE DE XUÑO DE MIL NOVECENTOS NOVENTA E CINCO, ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS ANPE, CC.OO, CSIF E FeSP-UGT, SOBRE O ACCESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE EN CALIDADE DE PROFESOR INTERINO E SUBSTITUTO.

    Engádese unha disposición transitoria ao Acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco coa seguinte redacción:

    Disposición transitoria única.

    Con carácter excepcional, non será de aplicación a subepígrafe 2 do punto décimo segundo do Acordo do 20 de xuño de 1995, a aquelas persoas interinas e substitutas que consolidaron o posto na lista correspondente e que nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 fixeron unha instancia na aplicación informática http://edu.xunta.es/oposicións e non a presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Ligazón ao CIG Informa

4.- Rogos e preguntas.

Ligazón ao CIG Informa

 

Volver