Convocada mesa sectorial para o 20 de febreiro

Oposicións a Cátedras de música e Concurso a prazas de convenios son os temas a tratar, queda para próximas mesas o currículo das EOIs

Documentos remitidos pola administración para a súa negociación na mesa sectorial.

Como podedes observar, o currículo das EOIs non figura na orde do día da mesa convocada para o día 20 de febreiro.

Calquera achega como sempre ao correo galiza@cig-ensino.gal

Orde do día:

1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas o 24 de outubro de 2017 e  6 de febreiro de 2018
2.- Proxecto de orde pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.
3.- Proxecto de orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
4.- Rogos e preguntas.

Novamente as limitacións na duración da Mesa Sectorial do 6 de febreiro levou a que non se puideran presentar, en rogos e preguntas, diversos temas para que a Consellaría informe sobre eles. 

Nesta mesa volveremos a presentar, se procede ao non quedar desfasados polo paso dos días e á parte doutros que poidan xurdir até o día 20, os seguintes temas, esperando resposta da Consellaría:

  • Vacantes do CXT. Instamos á Consellaría a cumprir o seu compromiso e convicar unha reunión técnica para negociar o incremento de vacantes nos diferentes corpos docente, unha vez que xa ten desde hai tempo os estudos e solicitudes de vacantes entregadas pola CIG-Ensino para as especialidade de PT e AL no corpo de mestres e en todas as especialidades de PES, PTFP, EOI, CMUS e EART onde hai un importante desfase entre os destinos provisionais e as vacantes ofertadas, cun colectivo moi numeroso que leva até 10 anos en expectativa de destino, ademais dos miles de persoas que queren mellorar o seu destino definitivo.
  • Acceso a cátedras de conservatorio. Pedimos que se traia á Mesa canto antes a convocatoria.
  • Filosofía. Instamos á Consellaría a traer á Mesa Sectorial a modificación do decreto de currículo xa que afecta á organización dos centros e á carga lectiva do profesorado (e non só do de Filosofía).
  • Listaxes de substitución. A Consellaría ten que ser máis dilixente á hora de xestionar a apertura de listaxes. Non pode volver acontecer o que pasou en portugués, cunha docente sen substituír durante 5 semanas nunha EOI.
  • Equipos de Orientación Específicos. Demandamos que se abran listaxes para que se anote o profesorado funcionario de carreira que estaría disposto a cubrir as prazas que quedan vacantes cando non hai xente nas listas do concurso de méritos ou non se convocaron as prazas recentemente. Non pode ser unha decisión arbitraria da inspección educativa.
  • Recoñecemento dos servizos prestados. Sabemos que a Consellaría está a traballar para actualizar o cómputo deses servizos mais o prazo que se fixara foi novembro e non se cumpriu. A xente que participa no CXT podía ter computados eses méritos e non os ten. Demandamos que se hai reclamacións se acepten e que, desde logo, estea todo listo para as oposicións.
  • Solicitamos, como fixemos para as oposicións, o recoñecemento dos servizos prestados nas EOI como se fosen en IES no CXT para docentes de idiomas (inglés, francés, galego) que van desde as listas de PES.
  • Novos permisos. Aínda que non se precisa cambiar a orde polos novos permisos na Lei, somos partidarios de que faga unha modificación da nosa orde para recoller a flexibilización do permiso do outro proxenitor para equiparalo ao de parto, permitindo que en casos de hospitalización do neonato se poda agardar polo desfrute do permiso e, se procede, pedir unha redución de xornada mentres estea hospitalizada a crianza.
  • Baixas de máis de 90 días. Demandamos que os problemas existentes coa Consellaría de Facenda se solucionen canto antes. Queremos saber se existe xa o informe xurídico pendente. Non estamos de acordo con que se restrinxa o pagamento do complemento a persoas que foron hospitalizadas ou con intervención cirúrxica. Debe ser para todas.
  • Comisión de concilia. Non se publicou a orde que pasou pola mesa. Solicitamos que se nos envíe o borrador para contrastar as achegas feitas antes de publicalo.
  • Elección de horario das persoas con redución de xornada por coidado de filla ou fillo con cancro ou enfermidade grave. Estase dando algún caso de persoas que piden a redución antes do inicio de curso e con tempo para adecuar o horario ás necesidades familiares e, sen embargo, non se ten en conta esta situación, dificultando así a atención ao fillo ou filla.
  • Substitución de auxiliares de conversa. Temos detectado que non se cobren algunhas substitución de titulares que renuncian ao seu posto.

Non figura na orde do día remitida pola administración.

Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Volver