Información da mesa sectorial

Tratouse o concurso de adxudicación de destinos provisionais e o calendario escolar

Debido ao prolongado e intenso debate sobre a orde do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais e a súa permanencia no tempo foi imposíbel tratar nesta mesa os varios.

1.- Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais.
Borrador da Orde do ... de ...... de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional, entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral , ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo. Ligazón

CIG Informa do CADP. Ligazón

2.- Calendario Escolar para o curso 2018/2019.
Borrador da Orde do __ de ______ de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

CIG Informa do Calendario. Ligazón

Volver