Información da mesa sectorial do martes 4 de setembro

Disposición transitoria á orde de adxudicación do CADP, orde de concurso de traslados entre persoal funcionario dos corpos de catedráticos e profesoras de ensino secundario, EOIs... e Equipos de Orientación Específicos

Calquera achega sobre os temas podédesnola facer chegar ao correo galiza@cig-ensino.gal

1. Disposición transitoria do CADP

ORDE do 4 de setembro de 2018 pola que se engade unha disposición transitoria a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B). Ligazón

CIG Informa

CIG

Comezo do chamamento para persoal interino e substituto en primaria

A Consellaría adianta na mesa que ten pensado comezar a chamar o venres 7 de setembro para cubrir as prazas de primaria, nestes chamamentos xa serán incluídas as persoas recuperadas para as listas pola modificación do CADP.

2. Proxecto de orde do CXT

PROXECTO DE ORDE do ....de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. Ligazón

CIG Informa

3. Concurso de méritos dos EOE.

Proxecto de concurso de méritos nos equipos de orientación específicos. Ligazón

CIG Informa

4. Varios.

CIG Informa

Volver