Máis de mil persoas percorren Lugo defendendo a continuidade de Preescolar na Casa

Neste momento o persoal de preescolar na casa están sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadoras e traballadores.

Máis de mil persoas percorreron hoxe as rúas de Lugo para esixir da xunta de Galiza o mantemento do programa Preescolar na Casa que atende a máis de 4000 familias en toda Galiza fundamentalmente no ámbito rural e no que traballan 43 profesionais

A consellaría de traballo e benestar pretende liquidar o programa Preescolar na Casa ao retirar a subvención que lle viña asignando desde o seu nacemento fai 34 anos. 

Tratase dun programa pioneiro referente en distintos países e fundamental para a educación da infancia e das familias. 

Neste momento o persoal de preescolar na casa están sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadoras e traballadores. 

É pretensión da Xunta suprimir este programa e despedir a 42 traballadores. 

Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG Enisno, manifestou que a CIG Ensino non vai estar disposta a que a Consellaría desmantele este servizo fundamental que suporía o despedimento de 42 traballadoras e traballadores. 

Esta pretensión da Xunta de Galiza á a mostra máis evidente dos recortes que está sometendo a todos os servizos públicos destruíndo emprego e desmantelando servizos esenciais. 

Detrás desta pretensión tamén está o odio visceral desta xunta de todo o que nos conforma como pobo, xa que este programa que funciona desde fai 24 anos esta vehiculizado no noso idioma e inserido na nosa realidade social e cultural. 

A CIG non vai cesar nas mobilizacións até conseguir o mantemento de Preescolar na Casa.

Asina pola continuidade de Preescolar na Casa

  • Máis de mil persoas percorren Lugo defendendo a continuidade de Preescolar na Casa
  • Máis de mil persoas percorren Lugo defendendo a continuidade de Preescolar na Casa

Volver