Listaxes do persoal que superou as oposicións 2018 publicado no DOG

O 24 de agosto comezan a contar os 20 días para presentar a documentación.

ORDE do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo). Ligazón

Tes 20 días para presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanosos seguintes documentos:

Para remitir a documentación tes que usar a sede virtual da xunta, concretamente entrar na sede buscar a instancia de oposicións presentada, clicar en acción e despois en presentación de documentación. 

Nota sobre os 20 días para presentar a documentación: a Consellaría marca 20 días hábiles na convocatoria e 20 naturais no nomeamento. A CIG Ensino notificoulle á Consellaría que debería sacar unha corrección de erros e ser 20 días hábiles. 

A Consellaría vén de confirmar en resposta á nosa solicitude que o prazo é de 20 días hábiles.

Agardamos que se corrixa no DOG como solicitamos.

 

Agora só che queda a toma de posesión,  faise no centro no que obteñas destino. A data da toma de posesión será o 1 de setembro (asinado, real o 3 de setembro) no corpo de mestres e na data fixada para o inicio da impartición efectiva das clases nos restantes corpos. Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente.

E por último e xa canto teñas na man o nomeamento de funcionaria en prácticas tes que pasar pola sede provincial de MUFACE para causar alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS, entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. Non fai falla dicirche que desde a CIG animámoste a escoller o SERGAS.

Tes toda esta información e outra no CIG Informa que che repartimos o día da presentación das oposicións, CIG Informa que podes descargar desde esta ligazón

Ahh! e queda un paso non menos importante, afiliarte á CIG Ensino para sermos máis fortes.

Volver