Licenzas por formación para o curso 2018-2019

Seguimento da convocatoria de licenzas por formación (antes denominadas por estudos)

Publicación.

Resolución definitiva

Puntuación definitiva

Convocatoria.

Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2018/19 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión. Ligazón

Prazos de preinscrición e inscrición:

  • Preinscrición: ata o 4 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO

  • Inscrición: ata o 25 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no portal educativo.

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2018/19 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
c) Persoal interino.

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2016/17 e 2017/18, e no 2018/19 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2018/19, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2017/18, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

b) Persoal en prácticas

O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:

Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

Modalidade 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria. Os materiais deberán incluír aspectos tanto de atención á diversidade como de convivencia nestes niveis.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

Meses convocados: 80

Modalidade 2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria. Os materiais deberán incluír aspectos tanto de atención á diversidade como de convivencia nestes niveis.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

Meses convocados: 80

Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

·         Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

·         Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias entendendo por actualización a posta ao día dos contidos destes materiais dentro do ámbito procedente (científico, tecnolóxico, lexislativo...), e simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

Modalidade 4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado (entre o 15 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019).

Meses convocados: 70

Modalidade 5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

Duración de 1 a 3 meses (segundo trimestre do curso 2018/19)

As persoas participantes nesta modalidade deberán demostrar competencia avanzada en Moodle 23.6, para o que deberán realizar unha formación específica sobre o deseño e creación dun curso na Rede de Platega durante o primeiro trimestre do curso 2018/19, salvo que se acredite que xa teñen o nivel de coñecemento preciso. A concesión desta licenza queda supeditada á avaliación positiva desta formación.

Meses convocados: 40

Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2018 ao 31 de agosto de 2019).

Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.

Este perfeccionamento levarase a cabo mediante cursos centrados no perfeccionamento lingüístico intensivo, de cando menos 20 sesións semanais de 45 minutos cada unha, realizados en todo caso nun país estranxeiro, con preferencia en países da Unión Europea, Estados Unidos e Canadá. Estes cursos deberán estar vinculados ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MEERL) ou de metodoloxía CLIL.

Meses convocados: 200

Documentación necesaria

  •  Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
    Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

  •  A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

  •  Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

·         881 99 76 35. Cuestións administrativas e modalidade 6.

·         981 52 24 11 (CAFI-Departamento TIC). Incidencias con Fprofe e modalidades 1, 2 e 5.

·         981 54 65 52. Modalidades 3 e 4.

Volver