Inminente saída da convocatoria para solicitar estadías en empresas para o curso 2006-2007

Formación Profesional

Na mesa sectorial do 15 de febreiro, a Dirección Xeral de FP presentou o borrador da orde, para este curso, das estadías en empresas.

Inminentemente sairá a convocatoria para solicitar estadías en empresas para o curso 2006-2007

 

Na mesa sectorial do 15 de febreiro, a Dirección Xeral de FP presentou o borrador da orde, para este curso, das estadías en empresas. A CIG, un ano máis, manifestou o seu desacordo, en tres aspectos fundamentais:

        As datas: xullo ou setembro

        O tempo: máximo un mes

        O número de convenios asinados entre as empresas e a Consellaría.

 

Na CIG consideramos que esta é unha formación de primeiro nivel, custosa para os traballadores e traballadoras do ensino e tamén para as Administracións, polo tanto debería ser prioritario adecuar as datas a outros períodos onde tanto o profesorado coma as empresas teñan a máxima dispoñibilidade.

 

A Consellaría de Educación, debe promover un número de convenios suficientes que cubran todas as familias profesionais, xa que, aínda que este ano se inclue por primeira ves aos profesores e profesoras de ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, non teñen ningunha empresa do seu sector que teña convenio coa Administración.

 

Ademais, hai outras novidades, coma a posibilidade de optar por media xornada e a presentación da folla de servizos cumprimentada polo mesmo profesor ou profesora xa que debido á mala xestión das Delegacións, e á tendencia a traballar coma compartimentos estancos dentro da propia Administración, fáiselles case que imposible contar con datos dos servizos prestados dos solicitantes.

 

A Orde de Centros Integrados queda posposta para tratar o día 27.

 

 

Volver