Informacións dos asuntos tratados na reunión da mesa sectorial do 27 de abril

Mesa Sectorial 27-4-07

Ademais do acceso do Grupo B ao A, da funcionarización dos laborais fixos e das Comisións de servizo por motivos de saúde na Mesa de 27 de abril tratáronse os seguintes temas: asesores, calendario escolar, trienios de oficio, galeguización, etc.

Información da mesa sectorial de 27 de abril de 2007

 

Ademais do acceso do Grupo B ao A, da funcionarización dos laborais fixos e das Comisións de servizo por motivos de saúde na Mesa de 27 de abril tratáronse os seguintes temas:

 

  1. Asesores:

CIG-Ensino:

Propoñemos que:

Ø      Que o proxecto non sexa eliminatorio, que se reduza a súa puntuación e que se elimine a entrevista.

Ø      Que os asesores non realicen traballos burocráticos.

Ø      Que non se valoren os servizo prestados na Administración.

Ø      Que o proxecto teña que presentarse en galego.

 

A Consellaría respostou que non ían introducir modificacións porque está redactada de acordo a outra ordes similares en que xa se recolleran modificacións.

 

  1. Varios:

 

CIG-Ensino:

Ø      Calendario escolar. Manifestamos a nosa desagradábel sorpresa  ante a publicación do calendario no DOG o pasado 16 de abril. Temos convocada folga para o día 3, o profesorado está maioritariamente en desacordo. Demandamos na Mesa e á Conselleira que se retome a negociación. A nosa proposta está avalada polo conxunto do profesorado. Informan que desde o gabinete da Conselleira están mirando de conceder a entrevista que se concederá por orde de solicitude (a CIG solicitouna en primeiro lugar).

Ø      Calendario de temas a negociar. A Consellaría ten un compromiso neste sentido, que se efectivice. A Consellaría está pendente de traelo á Mesa, un dos temas será o de itinerantes.

Ø      Cobro dos trienios de oficio por parte do profesorado interino. Temos unha resposta xa? A Consellaría resposta que isto afecta a todos os funcionarios, tamén aos non docentes, polo que se arbitrará unha medida similar para todos. Están agardando a resposta da Dirección Xeral da Función Pública.

Ø      Temos información de que se vai propor que os cursos que se van convocar para a galeguización da impartición de distintas materias van ser convocados en xullo. Demandamos que isto non sexa así. Respostan que o Decreto está na fase de ser informado polo Consello Consultivo. Informan de que queren facer formación antes do inicio do vindeiro curso, que poderá haber cursos en xullo, mais non ten por que ser só nesas datas.

Ø       Pedimos explicación de por que se incrementa o concerto de dúas unidades máis nos Escolapios de Monforte. Non hai xustificación, ese alumnado tería cabida nos centros públicos. Se é un erro que se corrixa, se non que se revise o concerto. Van ver cal é a situación exacta.

 

 

Volver