Información de interese sobre o CADP

Publicadas as listas de persoal docente obrigado a participar e as resolucións de non participación para persoal interino

A Consellaría vén de publicar na súa web diferentes resolucións relacionadas cos destinos provisionais (CADP) que convén ten en conta.

Profesorado obrigado a participar. 

O profesorado obrigado a participar aparece nas seguintes resolución:

O prazo para reclamar é de cinco días hábiles, desde o xoves 4 ao mércores 10 de xullo.

Profesorado interino que solicita non participar na petición de destinos.

As resolucións coas solicitudes estimadas e desestimadas aparecen nas seguintes ligazóns: 

A reclamación a estas listaxes será mediante un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados en ambos casos desde o xoves 4 de xullo.

Outra información de interese.

Á falta de que nos proporcionen as xubilacións desde o 1 de xaneiro de 2019 da provincia de Pontevedra, estas son as listaxes das demais provincias,ordenadas por corpos e especialidades.

Hai que ter en conta que esta información, con ser de interese para os destinos provisionais, é máis relevante para o concurso de traslados, xa que de cara ao CADP non teñen que ser trasladadas directamente e aínda estamos á espera das reunións nas xuntas de persoal para ver que vacantes se ofertarán.

  • Xubilacións do corpo de mestres: ligazón
  • Xubilacións dos corpos de secundaria: ligazón

Catálogo do corpo de mestres e relación de centros con xornada única.

No apartado de lexislación (centros de infantil e primaria) está permanentemente á disposición de todo o profesorado un estudo feito pola CIG-Ensino recollendo todas as diferentes actualizacións dos cadros de persoal do corpo de mestres.

Ese estudo inclúe neste momento as últimas actualizacións de xornada única.

Pódese acceder na seguinte ligazón

Observación: ao respecto dos postos de traballo e unidades esta información só serve para o CXT, xa que pode haber postos de traballo provisionais e aulas habilitadas por riba do que aparece nesa listaxe. O que si é relevante é a listaxe de centros con xornada única, actualizados coas últimas incorporacións.

Proposta de vacantes CADP. Corpo de Mestres.

Proposta de vacantes CADP da provincia de Pontevedra. Corpo de Mestres. Ligazón.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------
Toda a información sobre os concursos nas seguintes ligazóns.

Concurso de adxudicación de destinos provisionais de infantil e primaria: ligazón

Concurso de adxudicación de destinos provisionais de secundaria: ligazón

Volver