25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia de xénero

O ensino contra a violencia machista

Desde a CIG-ENSINO agardamos que a data do 25 de novembro non pase desapercibida nos centros educativos, pois é sumamente importante a prevención e a educación no intento da eliminación da violencia de xénero. A violencia contra as mulleres non é un asunto privado, senón un problema social e público, consecuencia dunha desigualdade histórica nas relacións de poder en todos os ámbitos. Por iso é necesario que, como docentes e educadores, non deixemos pasar estas datas sen evidenciar que esta violencia é algo frecuente dentro das familias, no traballo, na escola, na sociedade en xeral, e que é necesaria a súa eliminación.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 A CIG-ENSINO propón que, arredor deste día, en todos os centros educativos se trate o tema da violencia de xénero
 
 
Desde a CIG-ENSINO agardamos que a data do 25 de novembro non pase desapercibida nos centros educativos, pois é sumamente importante a prevención e a educación no intento da eliminación da violencia de xénero. A violencia contra as mulleres non é un asunto privado, senón un problema social e público, consecuencia dunha desigualdade histórica nas relacións de poder en todos os ámbitos. Por iso é necesario que, como docentes e educadores, non deixemos pasar estas datas sen evidenciar que esta violencia é algo frecuente dentro das familias, no traballo, na escola, na sociedade en xeral, e que é necesaria a súa eliminación.
 
Cómpre lembrar que, segundo as Nacións Unidas, violencia contra a muller é “todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, incluídas as ameazas de eses actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto de se produciren na vida pública como na privada”. E adicamos o 25 de novembro para denunciar especialmente esta situación en recordo do brutal asasinato, no 1960, de dúas mulleres dominicanas, as irmáns Mirabel, durante a ditadura de Trujillo.
 
Na CIG-ENSINO sabemos que estamos diante dun problema complicado, que require actuacións en diversos ámbitos: recursos de atención e medidas preventivas, campañas de concienciación e información, medidas coeducativas en materia de igualdade e de prevención de condutas violentas, medidas para rematar coa imaxe sexista das mulleres que difunden os medios de comunicación...; máis debemos comezar polo lugar máis próximo e non esquecer a nosa responsabilidade como educadoras e educadores: o noso centro de ensino.
 
A nosa central sindical, a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA, está a levar unha campaña nos centros de traballo baixo o lema PÁRAO, DENUNCIA, ACTÚA. Rematar co machismo é tarefa de homes e mulleresPodes conseguir o tríptico aquí.
 
Tamén desde o gabinete técnico da Secretaría Confederal da Muller vén de publicarse, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galiza, unha Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero, co obxecto de axudar ás mulleres que sofren unha situación deste tipo, ofrecéndolles a elas e ao seu círculo máis próximo unha recompilación de recursos accesíbeis de organismos públicos e privados a onde acudir. Podes baixala desde aquí.

 

Volver