Gran avance para o corpo de mestres: acadamos a xornada lectiva de 21 horas e un incremento importante de catálogos.

Preacordo xornada e catálogos mestres

A CIG-Ensino asinou un preacordo que recolle parte das nosas reivindicacións históricas para o corpo de mestres e para a mellora da calidade do ensino nos centros públicos de educación infantil e primaria. O preacordo supón a redución da xornada lectiva a 21 horas semanais (desde as 25 actuais), a redución da permanencia semanal a 25 horas e a dotación de profesorado xeralista por cada unidade nos centros de máis de tres unidades de Primaria, así como un apoio de Infantil por cada tres unidades.

GRAN AVANCE PARA O CORPO DE MESTRES

 

ACADAMOS A XORNADA LECTIVA DE 21 HORAS

 

CONSEGUIMOS UN INCREMENTO IMPORTANTE DOS CADROS DE PERSOAL DE INFANTIL E PRIMARIA

 

A CIG-Ensino asinou un preacordo que recolle parte das súas reivindicacións históricas para o corpo de mestres.

 

Texto íntegro do preacordo. Ligazón.

CIG-Informa con cadros comparativos dos cadros de persoal. Ligazón.

 

A CIG-ENSINO ASINOU UN PREACORDO QUE RECOLLE PARTE DAS SÚAS REIVINDICACIÓNS HISTÓRICAS PARA O CORPO DE MESTRES.

 

Aspectos fundamentais do preacordo:

 

         REDUCIÓN DO HORARIO LECTIVO DE 25 A 21 HORAS (INCLUÍDAS AS GARDAS).

 

         REDUCIÓN DO HORARIO DE PERMANENCIA NO CENTRO DE 30 A 25 HORAS (as horas entre as 25 e 30 serán de cómputo mensual como en Secundaria).

 

         UN XENERALISTA (EP) POR UNIDADE EN TODOS OS CENTROS DE MÁIS DE 3 UNIDADES (un xeneralista máis en todos os centros de primaria de 3 a 7 unidades, de 10 a 14 e de 20. Dous mestres  xeneralistas máis en todos os centros de 21 a 30 unidades de primaria).

 

         UN ESPECIALISTA DE INFANTIL DE APOIO POR CADA 3 UNIDADES EN TODOS OS CENTROS

 

         OFERTARÁNSE 500 PRAZAS MÁIS PARA O CONCURSO DE TRASLADOS DO CURSO 2007-08.

 

     UN ORIENTADOR/A COMPARTIDO NOS  CENTROS DE  PRIMARIA DE 6 A 12 UNIDADES.

 

     UN MESTRE/A DE FI MÁIS NOS CENTROS DE 15 A 17 UNIDADES E NOS DE 24 A 30. UN FI COMPARTIDO EN TODOS OS CENTROS DE PRIMARIA DUNHA UNIDADE. NOS EEI: UN FI COMPLETO NOS DE 3 UNIDADES E UN COMPARTIDO NOS DE 1 A 2 UNIDADES.

 

     UN PT MÁIS NOS CENTROS DE 18 A 30 UNIDADES .

 

     UN EF MAÍS NOS CENTROS DE 18 DE E.P. E 3 DE E.I. E NOS DE 9 DE E.P. E 4 E  E.I.

 

     UN AL NOS CEIPs. DE 13 UNIDADES.

 

CATÁLOGOS DE CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA E XORNADA LECTIVA DO PROFESORADO

 

A  CIG-ENSINO  CONSEGUE  PARTE DAS  SÚAS  REIVINDICACIÓNS HISTÓRICAS  PARA  O  CORPO  DE  MESTRES

 

Hoxe, día 8 de xuño, CIG-ENSINO, xunto con CCOO, UGT, ANPE e CSIF asinamos un preacordo sobre os Catálogos de Educación Infantil e Primaria e a xornada de traballo do profesorado do corpo de mestres que é un logro histórico pois dá un paso fundamental no achegamento das condicións de traballo do profesorado de Primaria e Secundaria.

 

O preacordo asume parte das nosas reivindicacións históricas, tanto na redución de horario lectivo e de permanencia no centro, como no incremento dos cadros de persoal.

 

Estas son as principais conquistas recollidas no preacordo:

 

         Unha redución de horario lectivo obrigatorio de 25 a 21 horas, dentro das cales se inclúen as gardas.

         Unha redución do horario de permanencia semanal de 30 a 25 horas, sendo as horas comprendidas entre 25 e 30 de cómputo mensual (asistencia a claustros, avaliacións, etc.)

         Un incremento de profesorado de educación primaria. Todos os centros de mais de tres unidades contarán con tantos profesores xeralistas (EP) como unidades. Dentro deste profesorado inclúense os especialistas de FF que, no caso de impartir a súa especialidade, daría lugar ao incremento dun posto máis de EP:

         Un incremento dun especialista de EI por cada tres unidades (catro profesores de EI a partir de tres unidades, oito a partir de seis unidades, doce a partir de nove unidades e así sucesivamente).

         Aplicación destes criterios a todos os centros de Educación Infantil, Primaria, Infantil e Primaria, Centros Públicos Integrados, CRA e CEE.

 

Trátase dun preacordo pioneiro no conxunto do Estado e que vai conlevar á creación de máis de 1000 postos de traballo que se van traducir en estabilidade para o profesorado provisional e interino e que vai incidir notabelmente na calidade do ensino. A primeira consecuencia deste acordo será unha oferta substantiva de prazas no vindeiro Concurso Xeral de Traslados (máis de 500) e unha oferta de emprego importante.

 

A CIG-Ensino entende que sen a mobilización e o compromiso do profesorado, visibilizado no apoio á folga do día 3 de maio e nas mobilizacións levadas a cabo en contra da eliminación da xornada reducida matinal, non estaríamos diante dun acordo como o actual. A Consellaría sabe que o profesorado está unido e disposto a reivindicar os seus dereitos e a loitar pola mellora da calidade do ensino público.

 

Na Mesa Sectorial de hoxe a CIG-Ensino tamén conseguiu que a Consellaría aceptase que se garanta a atención de PT e AL a todos os centros que teñan necesidades e que a existencia de tantos xeralistas como unidades se estendese aos centros de 3, 4 e 5  unidades. A Consellaría propoñía na terceira proposta, entregada onte, que houbese tantos xeralistas como unidades a partir de seis unidades.

 

A CIG-Ensino reclamou que o acordo estivese aplicado completamente ao inicio no curso 2009-2010, cuestión que foi asumida pola Administración na reunión de hoxe.

 

A CIG-Ensino defendeu até o último momento vinte horas lectivas, incluídas as gardas, fronte ás vinte e  dúas horas que mantiña a Consellaría. Finalmente, considerando a importancia dalgúns dos avances producidos como o incremento do número de profesorado de EP e EI e a redución da aplicación do acordo ao inicio do curso 2009-2010, conseguimos que a Consellaría baixase a 21 horas, coas gardas incluídas, que aceptamos desde unha perspectiva global de estarmos diante dun bo preacordo.

 

A CIG-Ensino valora este avance como moi importante na consecución da homologación das condicións de traballo co profesorado de secundaria. A partir de agora queda por diante conseguir, entre outras, a redución das rateos, o incremento de profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Orientadores/as, o estabelecemento de criterios que garantan a implantación da xornada continuada e a negociación das condicións laborais do profesorado itinerante.

 

Este bo preacordo non nos impide continuar reivindicando a restauración da xornada reducida en xuño e setembro, tal e como demanda o profesorado.

 

A CIG-Ensino felicita a todo o profesorado pois sen o seu apoio e compromiso non tería sido posíbel

Volver