Entrega de 3152 sinaturas a prol da xornada única

Por uns criterios razoabeis para implantar a xornada única

A CIG-Ensino entrega 3 152 sinaturas do profesorado no rexistro da Consellaría como resultado da campaña iniciada para rexeitar a proposta presentada pola Consellaría de Educación respecto das condicións que exixía para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá nos centros de Educación Infantil, Primaria e Centros Públicos Integrados, e para solicitar un proxecto de orde que modifique a actual normativa, totalmente restritiva, co obxecto de que os centros se poidan acoller á Xornada Única.
CIG-ENSINO entregou no rexistro da Consellaría de Educación 3152 sinaturas do profesorado exixindo a elaboración dunha nova orde que regule a xornada única nos centros de ensino de Infantil e Primaria
 


A CIG-Ensino entrega 3 152 sinaturas do profesorado no rexistro da Consellaría como resultado da campaña iniciada para rexeitar a proposta presentada pola Consellaría de Educación respecto das condicións que exixía para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá nos centros de Educación Infantil, Primaria e Centros Públicos Integrados, e para solicitar un proxecto de orde que modifique a actual normativa, totalmente restritiva, co obxecto de que os centros se poidan acoller á Xornada Única.
 
O prego de sinaturas propón criterios ponderados e razoábeis para modificar a xornada, entre outros, unha participación do 50% do censo, entendendo só un voto por unidade familiar e o voto favorábel dos dous terzos dos participantes. Ao mesmo tempo, reclamamos que o transporte escolar non condicione ou impoña a xornada escolar.
 
Exiximos que proximamente se presente na Mesa Sectorial unha nova proposta de orde que recolla as medidas que o profesorado está a demandar .

Volver