A CIG-Ensino abre o prazo para inscribirse no I Encontro Luso-Galaico sobre educación que se celebrará en Portugal o 3 de marzo

A central nacionalista, maioritaria no ensino público galego, coorganiza o I Encontro Luso-Galaico, xunto co Sindicato de Professores do Norte (SPN) de Portugal, que forma parte da FENPROF, tamén maioritaria entre o profesorado portugués.

A xornada, que terá lugar en Monção o próximo 3 de marzo, levará por título Globalização e os direitos do trabalho e será o primeiro chanzo no que se pretende que sexa unha colaboración fluída entre ambas entidades. Por parte da CIG-Ensino intervirá o noso secretario nacional Suso Bermello e por parte do SPN, a súa coordenadora Manuela Mendoça, entre outros ponentes.

O aforo é limitado e a actividade é gratuíta pero é preciso preinscribirse para poder asistir no seguinte formulario. A confirmación de asistencia farase por estrita orde de rexistro. A actividade conta con acreditación en Portugal, mais non con homologación por parte da Xunta de Galiza.

Volver