Destinos provisionais secundaria 2007/08. Datas das oposicións. Pago de trienios

Mesa Sectorial do 31 de maio de 2007

Entre outras cuestións, na mesa sectorial do 31 de maio tratouse sobre a orde de destinos provisionais de secundaria 07/08, o pago de trienios a profesorado funcionario en prácticas e interino e algunha información sobre datas das oposicións.

Informacións da Mesa Sectorial

 

1.- Borrador da Orde de Destinos provisionais secundaria curso 2007-2008

 

A Consellaría informa das novidades da convocatoria deste curso:

- Diferéncianse nesta orde as comisións de servizo de saúde por razóns propias ou familiar.

-Suprímese a prioridade do profesorado que ten a especialidade  de Economía sobre o de Administración de Empresas e Procesos Comercias para as listaxes de Economía por problemas informáticos á hora de elaborar as listas. Aseguran que a problemática que xeneraría é reducida.

-Nas especialidades 590117 (Procesos diagnóstico clínicos e produtos ortoprotésicos) e 590118(procesos sanitarios) as titulacións son diferentes, o profesorado interino mantense nunha única lista coa posibilidade de pedir as dúas especilidades. O persoal que se incorpore ás listaxes logo destas oposicións figurarán na especialidade á que se presentaron.  Análoga situación para Perruquería e Estética.

- Para as prazas das extensións das EOI aclararán se hai que poñer un código específico para pedir esas extensións ou citarán en que IES se imparten.

- O dereito preferente a centro de concelleiros non ten novidades.

- Para FOL retiran ao persoal de Administración de Empresas porque na práctica non se lles están dando prazas de FOL.Os opositores aprobados de FOL terán prioridade sobre os funcionarios de carreira de Procesos Comerciais. Tamén terán prioridade os opositores de Debuxo sobre expectativa de Oficina de Proxectos de Construción.

-Aclaran a adxudicación de oficio.

- Non será necesario facer a solicitude se non se fan cambios . Se se fan cada cambio xenerará unha nova solicitude, a cal xenerará un resgardo.

-As comisións de servizo terán efectividade desde o 15 de setembro.

- Para entrar en listas de interinidades ou substitucións se non se superan as probas correspondentes haberá un proceso aberto en canto ás titulacións requeridas (facilitannos un anexo para a súa revisión).

 

PREME AQUÍ PARA VER O BORRADOR DA ORDE

 

Propostas da CIG-Ensino no referente á Orde:

Ø      No primeiro trimestre do curso que ven hai que negociar o acordo de estabilidade para o profesorado interino e substituto.

Ø      A CIG-Ensino demanda que as vacantes deste proceso teñen que ser negociadas nas Xuntas de persoal (Resposta: non é viable, poderanse reclamar certas vacantes que non saen pero non pasar polas xuntas de persoal porque ralentizaría o procedemento. Poderían discurtirse nas Xuntas de Persoal certas prazas que son rexeitadas polos propios centros).

Ø      Aínda que a CIG está en contra de impartir afíns debe regularse o que se entende por “afín”.

Ø      A segunda praza debe sacarse a concurso con 8 horas e non con 12.

Ø      Pedimos que non deben ofertarse prazas a tempo parcial (Resposta: son voluntarias, ofertanse ao final do proceso).

Ø      Pedimos que a Administración sexa vixiante e que  todas as vacantes se oferten na  adxudicación de destinos e non que aparezan prazas “apetecibles” logo da adxudicación definitiva (Resposta: procurarán que sexan as menos posibles pero sempre aparecen. Os centros piden a través da web e isto axiliza o sistema).

Ø      A CIG demanda que se recolla o requisito lingüístico para as materias que van ser de obrigada impartición en galego (resposta: aceptado excepto naqueles casos  que  non haxa candidatos que cumpran este requisito).

Ø      Orde de colocación: os concelleiros teñen dereito ao centro e se non hai praza no centro terano á localidade.  (Resposta: aclararán a redacción).

Ø      Demandamos que deben perfilarse ben as prazas e que non saian con máis horas de afíns que da propia especialidade.

Ø      Sobre a división das listas en Procesos Sanitarios debe aclararse a redacción xa que da a entender que se aplica ás listaxes actuais (Reposta: é un erro, aclararán a redacción)

Ø      Debe acreditar a  Inspección que profesorado resulta desprazado por falta de horario.

Ø      A CIG rexeita que se fagan  adxudicacións de oficio para outras especialidades solicitadas como afíns (Resposta: esta faise excepcionalmente).

Ø      A CIG demanda que a toma de posesión nos centros debe ser nos propios centros cun prazo de 48 horas.

Ø      O centro debe funcionar como rexistro para entrega de solicitudes deste concurso (Resposta: aceptado).

Ø      Os mestres de 1º ciclo de ESO suprimidos ou desprazados teñen que poder solicitar prazas en 1º ciclo (Resposta: incluirase na orde de primaria se non implica problemas informáticos, senón será na orde de secundaria. Mirarano).

Ø      A CIG demanda que  aqueles centros con prazas singulares sexan de aceptación voluntaria (CENTROS, Centros Penitenciarios...). (Resposta: mirarán que sexan de caracter voluntario). CIG: Ademáis deberían aparecer na convocatoria que son de perfil específico.

Ø      A Adxudicación de FP non debería ser o 12 de setembro cando até o 13 de setembro non se decide a implantación de ciclo (Resposta: será posterior ao día 13, pero non chegará ao 20 de setembro).

Ø      Explicitar que se se renuncia á adxudicación hai que facelo do 1 ao 7 de setembro tanto se se obtivo praza na resolución provisional como se non se obtivo. (Resposta: puntualizarán o prazo e comunicarano aos interinos e substitutos por móbil e na web).

Ø      Demandamos que a toma de posesión de interinos ten que coincidir coa data de contrato( Resposta: mirarano).

Ø      Aclarar as preferencias para cubrir postos nas EOI (Resposta: terán prioridade de  destinos a EOI o profesorado en prácticas de EOI sobre o funcionario de carreira de PES da especialidade correspondente).

  

Ademáis:

Ø      Informarase a aquelas persoas que nunca participaron neste tipo de adxudicación (aquelas persoas que empezaron a traballar por primeira vez neste curso) da obrigatoriedade de participar neste concurso.

Ø      Como xa ten demandado a CIG noutras mesas Sectoriais sobre o cobro de vacacións do profesorado substituto que traballe neste curso 5 meses e medio ou máis, o requisito de non estar dado de alta na Seguridade Social farao de oficio a Administración. Mandaranlle a cada interesada ou interesado o seu contrato.

 

2.- PAGO TRIENIOS

 

Pago trienios aos funcionarios en prácticas e Interinos: Segundo a Administración hai unha porcentaxe de expedientes sometidos a intervención previa. Os que non estean sometidos a esta intervención tratarán de que cobren na nómina de xuño. Para os que estean sometidos, tamén tratarán que de que sexa en xuño (pero non hai garantías). 

 

     3.- DATAS OPOSICIÓNS.

 

O 14 de xuño proba de Español. 15 de xuño: proba de galego. As demáis datas non están definidas pero están pensando no día 22 de xuño pola tarde para a presentación, pero aínda non é firme.

 

 

Volver