Decreto e Orde de Comedores Escolares

Mesa Sectorial 23-1-07

O Secretario Xeral presenta a Orde indicando que desenvolve o Decreto de comedores escolares debatido o pasado mes de xuño e que previsibelmente se aprobará no Consello da Xunta desta mesma semana, por este motivo é urxente tratar esta orde. Informa de que na tramitación do Decreto se introduciron melloras como que os remanentes que se produzan no crédito poden acumularse ao exercicio seguinte, ou que un 15% do orzamento do comedor poderá destinarse a melloras das instalacións, o que non debe entenderse como que a Administración vai a facer desleixo das súas funcións.

Mesa sectorial do 23 de Xaneiro de 2007

Debate sobre a Orde de Comedores

 

Punto tratado: Orde que regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedores escolares.  

O Secretario Xeral presenta a Orde indicando que desenvolve o Decreto de comedores escolares debatido o pasado mes de xuño e que previsibelmente se aprobará no Consello da Xunta desta mesma semana, por este motivo é urxente tratar esta orde. Informa de que na tramitación do Decreto se introduciron melloras como que os remanentes que se produzan no crédito poden acumularse ao exercicio seguinte, ou que un 15% do orzamento do comedor poderá destinarse a melloras das instalacións, o que non debe entenderse como que a Administración vai a facer desleixo das súas funcións.

 

Entregan na mesma Mesa un novo borrador da Orde, segundo eles sen modificacións importantes, a non ser no tema dos menús para o alumnado con dietas especiais, en que se recolle que se lle prepararán no centro, mais que tamén poden levalos preparados da casa.

 

A Proposta da Consellaría contempla a seguinte clasificación dos centros:

 

Tipo de comedor

Comensais

Dotación

Comedores tipo A

ata 75 comensais

1 oficial 2º de cociña

Comedores tipo B

de 76 a 150 comensais

1 oficial 2ºde cociña e 1 axudante de cociña

Comedores tipo C

de 151 a 250 comensais

1 oficial 2ºde cociña e 2 axudantes de cociña

Comedores tipo D

de 251 a 350 comensais

1 oficial 2º de cociña e 3 axudantes de cociña

Comedores tipo E

máis de 351 comensais

1 oficial 2º de cociña e 4 axudantes de cociña

 

Intervención da CIG-Ensino:

 

A CIG-Ensino manifesta que bota en falta cuestións importantes que non se recollen nin no Decreto nin na Orde, como que a Consellaría se comprometa a ofertar en todos os centros educativos o servizo de comedor, habilitando instalacións en centros que hoxe non contan con elas e mediante a obrigatoriedade de que os centros de nova construción conten con este espazo. No debate do Decreto a Administración fora receptiva e se non se recolle non se pode garantir este dereito a todos os centros. Ademais, reclamamos que o servizo de comedor estea dotado de persoal específico.

 

Como criterios xerais propomos:

 

-           Todos os centros públicos de nova creación teñen que dispoñer de instalacións adecuadas para garantir a oferta obrigatoria do servizo de comedor.

-           Todos os centros públicos deben habilitar os espazos necesarios para dotarse do servizo de comedor.

-           Todo o persoal do centro e alumnado debe ter o dereito a poder facer uso deste servizo polo que se lle debe garantir unha praza no comedor.

-           A atención ao comedor debe realizarse con persoal específico coa cualificación necesaria e con relación laboral coa Consellaría de Educación.

-           A xestión e funcionamento dependerán directamente da Consellaría, por medio de persoal específico e cualificado dependente da mesma.

-           Todos os centros que teñan servizo de comedor dotaranse de administrativos.

-           Financiamento suficiente para facilitar a gratuidade ao maior número posíbel do alumnado de infantil, primaria e ESO. En todo caso, terá dereito á súa total gratuidade o alumnado transportado e todos aqueles cuxa renda per cápita familiar non supere 5 veces o salario mínimo interprofesional.

-           A apertura de novos comedores non debe estar condicionada ás dispoñibilidades orzamentarias.

-           Que as cantidades fixadas pola Consellaría por comensal se incrementen substancialmente para poder elaborar menús equilibrados e adaptados a esas idades.

-           Ningún comedor escolar, independentemente da súa modalidade, terá unicamente catalogada unha soa persoa para a cociña.

-           Ten que se contemplar a posibilidade de ofertar almorzos.

-           O calendario do comedor corresponderá ao do calendario escolar.

-           A Consellaría garantirá a todos os centros un programa de xestión económica para os comedores.

-           Nas ratios que se estabelezan deben contemplarse a redución se atende a alumnado de 1º de Educación Infantil (3 anos) e se hai comensais con necesidades educativas especiais.

-           Non se pode permitir ningunha colaboración que non teña relación contractual.

-           Débese regulamentar un protocolo para actuar co alumnado que necesite unha atención especial debido a unha dieta especial

Articulado do texto, solicitamos:

 

ARTIGO 1º

Apartado 2. Engadir ao final:Subministro e elaboración de almorzos

ARTIGO 2º

Apartado 1.

Substituír “docente ou non” e “dalgunha das seguintes modalidades” por como criterio xeral pola modalidade de”:

Suprimir os parágrafos b), c) e d)

Apartado 2.

Último parágrafo do apartado 2, 3ª liña: Substituír “poderá concederlle” por “concederalle”.

 

ARTIGO 3º   

Débese suprimir o artigo na súa totalidade.  A CIG-Ensino propón que sexa de xestión directa.

 

ARTIGO 4º 

Apartado 1.

Na 1ª liña despois de “servizo de comedor escolar”, débese engadir: “naqueles centros que non estea funcionando”. A liña quedaría así: “A solicitude do servizo de comedor escolar, naqueles centros que non estea funcionando,  será representada ...”

Engadir ao final do 1º parágrafo: “ouvido o claustro de profesores”.

ARTIGO 5º

Na liña 1ª entre “comedor escolar” e “axustarase ao disposto” engadirase o seguinte: “en todo caso, o servizo de comedor permanecerá en activo durante todo o curso escolar”. Quedaría así: “A duración do servizo de comedor escolar, en todo caso, permanecerá en activo durante todo o curso escolar, ...”

 

ARTIGO 6º

Apartado 1, última liña:

Suprimir: “no caso de existiren prazas vacantes”.

 

Apartado 2.

parágrafo quedará como segue: “Ao servizo de comedor escolar terá dereito todo o alumnado do centro que desexe facer uso do mesmo”

Apartado 5.

Propomos suprimir este apartado, xa que para a CIG-Ensino deben garantirse as prazas necesarias para todos e todas.

ARTIGO 13º

Apartado 3.

Substituír: non supere a cantidade de 3.5 veces por  non supere a cantidade de 5 veces”.

Substituír:  se atope entre 3.5 e 5.5 veces o salariopor  se atope entre  5 a 7 veces o salario”.

 

ARTIGO 7º

Apartado 1.

Substituír todo por: “As tarefas de atención ao alumnado que utiliza o servizo de comedor escolar serán realizadas por persoal específico con cualificación correspondente

 

Apartado 2.

Propomos que “sexa o persoal específico coa cualificación necesaria, dependente da Consellaría de Educación. En todo caso, se se opta por outra modalidade ten que haber relación contractual e non lle pode corresponder ao director esta función”. En consecuencia, suprimir a partir de “excluíndo”.

 

Apartado 5.

No último parágrafo, despois do cadro de Educación Infantil, substituír  o delegado provincial de Educación e Ordenación Universitaria autorizará a ratio en función das necesidades concretas en cada caso.” por “e alumnado de tres anos estas ratios rebaixaranse”. O parágrafo quedará así: “No caso do alumnado con necesidades educativas especiais, sen autonomía persoal e alumnado de tres anos, estas ratios rebaixaranse.”

 

Educación Secundaria Obrigatoria:

NÚMERO DE ALUMNAS/OS

PERSOAL DE APOIO

Até 50

2 persoas

De 50 a 75

3 persoas

De 75 a100

4 persoas

De 100 a 125

5 persoas

De 125 a 150

6 persoas

Máis de 150

7 persoas

 

Educación Primaria:

NÚMERO DE ALUMNAS/OS

PERSOAL DE APOIO

Até 30

2 persoas

De 30 a 50

3 persoas

De 50 a70

4 persoas

De 70 a 90

5 persoas

De 90 a 110

6 persoas

De 110 a 130

7 persoas

Máis de 130

8 persoas

 

Educación Infantil:

NÚMERO DE ALUMNAS/OS

PERSOAL DE APOIO

Até 20

2 persoas

De 20 a 30

3 persoas

De 30 a 40

4 persoas

De 40 a 55

5 persoas

De 55 a 70

6 persoas

De 70 a 85

7 persoas

Máis de 85

8 persoas

 

ARTIGO 8º

Apartado 1.

Engadir ao final do último parágrafo: Dentro da súa xornada de traballo”.

Suprimir o parágrafo 4º que di o seguinte: Servizo de atención ás mesas dos usuarios.

Substituír no parágrafo 5, “comedor” por “cociña”. O parágrafo quedaría así: “Limpeza das instalacións e equipos do servizo de cociña escolar, coidando o seu uso e conservación.”

 

ARTIGO 15º

Apartado 1.

Suprimir o apartado 1.

Propomos que o profesorado non se encargue deste servizo, senón que sexa persoal específico.

 

Apartado 4.

Onde ponao final de cada trimestre” debe pór “ao final de mes”.

 

Apartado 6.

Engadir despois do apartado 6, un Apartado 7 que diga o seguinte: As/os coidadoras/os que poidan exercer de forma voluntaria a función de apoio e atención aos usuarios do comedor, sempre que estean libres de realizar o seu labor profesional, terán dereito á mesma gratificación que a sinalada anteriormente, que se concederá como unha axuda complementaria ao servizo de comedor correspondente pola comisión provincial, regulada no artigo 15 do Decreto”.

 

ARTIGO 10º

Apartado 2.

Suprimir ao final do parágrafo 5º: así como coordinar as relacións laborais co persoal da empresa concesionaria dos servizos

Razón: non ten porque corresponder ás direccións, terá que depender da propia Consellaría.

 

ARTIGO 11º

Apartado 1.

Engadir ao final: En todos aqueles centros onde haxa Comedor Escolar, deberá haber un libro de rexistro no que veñan recollidas as seguintes cuestións: número de comensais, menú elaborado nese día, materia prima utilizada para a confección do menú, e todas aquelas incidencias que poida haber no Servizo de Cociña e Comedor. Este rexistro será diario e deberá ir asinado polos responsábeis de Cociña e Comedor co visto e prace do Director do Centro.”

 

Apartado 2.

Deberían estabelecerse uns criterios claros.

Ademais sobre as categorías dos comedores (art. 2.2. e 4.5.) propomos:

Tipo de comedor

Comensais

Dotación

Comedores tipo A

até 120 comensais

1 oficial 2º de cociña

Comedores tipo B

de 121 a 180 comensais

1 oficial 2ºde cociña e 1 axudante de cociña

Comedores tipo C

de 181 a 240 comensais

1 oficial 2ºde cociña e 2 axudantes de cociña

Comedores tipo D

de 241 a 300 comensais

1 oficial 2º de cociña e 3 axudantes de cociña

Comedores tipo E

máis de 300 comensais

1 oficial 2º de cociña e 4 axudantes de cociña

Toda aquela fracción que chegue a 60 comensais deberá incorporar 1 membro do persoal de cociña.

 

O Secretario Xeral destaca que se mellora a ratio respecto da actual. Manifesta tamén que teñen como primeiro obxectivo ampliar a rede, o que pensan que pode estar feito en 2 anos, e que posteriormente ampliarán o servizo (refírese á oferta do almorzo).

 

A Consellaría acepta as demandas da CIG de que o servizo de comedor se adapte ao calendario escolar, mais consideran que non debe figurar nesta orde, senón na de calendario escolar, porén non poden garantir que para o vindeiro curso sexa xa así. Tamén aceptan a nosa proposta de que os coidadores e coidadoras poidan colaborar voluntariamente no servizo, unha vez atendidas as súas tarefas.

 

Tamén manifestan que, malia non recoller na normativa a obrigatoriedade de que os centros de nova construción conten coas instalacións necesarias para ofertar o servizo de comedor, é a súa vontade que así sexa (a CIG-Ensino aclaroulle que este extremo debe figura ou nesta orde ou no Decreto de requisitos mínimos dos centros, onde non figura tampouco, porque se non é así quedará ao albur das intencións do gobernos en cada momento).

 

A Consellaría di apostar polo modelo de xestión directa, e entenden que a solicitude do servizo debe facerse o máis axiña posíbel, mesmo ao inicio do curso, para que os demandantes de praza poidan indicar no momento de solicitar praza se queren ou non este servizo. Estudarán a contratación dunha póliza de responsabilidade civil para o persoal colaborador.

 

Informaron de que este ano xa se produciu un incremento de 3000 comensais, que xa se están a aplicar as ratios que propoñen na orde e que fixeron o esforzo de acoller a todos os solicitantes do servizo. Hai 311 centros de xestión directa e destes son 16 ou 17 os centros en que quedou fóra algún solicitante. Nalgúns centros fíxose ampliación de instalacións.

 

Nunha segunda intervención a CIG-Ensino volveu facer fincapé nas diferentes propostas, entre elas as seguintes :

-         Que haxa persoal específico para a atención do servizo. A atención do comedor non é unha función do profesorado e o servizo debe estar garantido.

-         Que se modifique a proposta de categorías se é necesario, mais que non haxa ningún comedor atendido por unha soa persoa.

-         Debe recollerse nesta orde, ou no Decreto sobre requisitos mínimos, que os centros de nova creación teñen que construír unhas instalacións destinadas a comedor.

-         Que se recolla a oferta de almorzos, aínda que non estea recollido como unha obriga do servizo.

 

O Secretario Xeral manifestou que non poden modificar as ratios.

 

* Se queres descargar o Decreto e Orde podes facelo premendo aquí en baixo:

Volver