Constitución da Mesa Sectorial de Universidades

Universidade

O día 2 de febreiro, a CIG asinou o acordo polo que se constitúe a Mesa de Universidades. Esta foi unha reivindicación permanente de CIG-Ensino que o anterior goberno se mostrou reticente a satisfacer. A representación sindical está composta por 15 membros coa seguinte distribución: CIG 7, CCOO 4, UGT 3, e CSIF 1.

Constitución da Mesa Sectorial de Universidades

 

O venres, día 2 de febreiro, constituíuse, por fin, a Mesa de Universidades (achégase o documento asinado). A Mesa está composta por 30 membros, dos cales 15 corresponden á Consellaría e ás Universidades e os outros 15 á parte sindical, dos que 7 pertencen á CIG-Ensino. Será presidida polo Director Xeral de Ordenación e Calidade da SUG.

O texto que se asinou recolleu a proposta feita pola CIG-Ensino de engadir ao primeiro parágrafo de “materias obxecto de negociación”, o seguinte: “sen prexuízo das competencias en negociación que lle corresponden aos diferentes órganos de negociación de cada Universidade”

 

No acto de constitución acordouse:

Ø     Achegarlle á Consellaría, no prazo máximo dunha semana, a proposta de temas a tratar co obxecto de estabelecer un temario para negociar.

Ø     Fixar como primeira data da reunión da Mesa Sectorial o próximo 26 de febreiro, ás 11:30h.

 

A Cig-Ensino propuxo que un dos temas urxentes e primeiros en negociar tiña que ser a disposición adicional terceira do Convenio Colectivo do PDI que fai referencia á elaboración dun réxime específico para o persoal investigador. A Consellaría afirma que non se nega a ir tratando o tema e que a súa opinión é que se debe ter en conta a Normativa Estatal que se está elaborando neste sentido.

 

 

Volver