Concurso de Orientación 2018

Convocatoria.

ORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería. Ligazón

Adxudicación definitiva.

Resolucion definitiva

Listaxe da adxudicación definitiva

Listaxe definitiva de persoal participante excluído

Resolución provisional.

Resolución da adxudicación provisional

Listaxe da adxudicación provisional

Listaxe provisional de persoas participantes excluídas

O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.primaria@edu.xunta.gal

Nota importante para o persoal que participe tamén no concurso de primaria.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente en ambos concursos, e que obteña praza definitiva na xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do 14 de decembro

Negociación.

A CIG Ensino considera insuficiente o incremento de prazas de Orientación para o Concurso deste ano: ligazón

Estudo da CIG Ensino sobre as vacantes de Orientación: ligazón

Borrador do Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria. Ligazón

CIG Informa da mesa sectorial

Volver