Comisións de servizo por motivos de saúde 2018

Seguimento das comisións de servizo humanitarias 2017

Convocatoria

Orde que regula as comisións de servizo por motivos de saúde. (DOG 09/05/2007). Ligazón 

  • Corrección de erros. (DOG 11/05/2007). Ligazón

Amplíase o primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por razóns de saúde (para o persoal que non participou no concurso de traslados) ata o 3 de maio de 2018

CIG

Erros na aplicación

A administración é consciente dos erros informáticos da aplicación do CADP que se utiliza para a solicitude das Comisións de Saúde. Pensan ter mañá unha actualización da aplicación que solucione os problemas e están valorando ter en conta a nosa esixencia de ampliación do prazo de solicitude.

Resolución definitiva publicada o 11 de xullo.

Resolución definitiva asinada

Listaxe definitiva de Mestres

Listaxe definitiva de Secundaria

Listaxe definitiva de Relixión

Anexo definitivo de solicitudes excluídas do profesorado

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación.

Resolución provisional.

Listaxe provisional de Mestres

Listaxe provisional de Secundaria

Anexo de solicitudes excluídas do profesorado

  • O prazo de reclamacións comeza o día 18 de xuño de 2018 e remata o día 22 de xuño de 2018, ambos inclusive.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U da correspondente provincia segundo consta nas referidas Resolucións.

A ter en conta:

Petición de comisión de saúde:

Esta convocatoria non se publica anualmente, senón que é unha orde fixa. Os requisitos figuran neses dous DOG arriba citados. Por iso é importante que se teña en conta o prazo de presentación de solicitudes, na segunda quincena de abril, agás causas sobrevidas a ese prazo. Para as persoas que participen no concurso de traslados o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días contados a partir da publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados no DOG. 

Solicitude de destinos en comisión de servizos.

O feito de que se conceda o dereito a pedir destino dentro do colectivo de comisións por motivos de saúde, propia ou dun familiar, non supón a obtención dunha praza na adxudicación de destinos provisionais, xa que isto só depende das vacantes ofertadas e da propia solicitude da persoa interesada.

Sistema de solicitude de comisión de saúde.

Desde a convocatoria do curso 2010/11 a solicitude de comisións de saúde faise a través da aplicación informática de destinos provisionais: CADP

Volver