Comisión de servizos de escolarización de alumnado de atención preferente.

Orde de postos de escolarización

Na Mesa Sectorial do 31 de maio a Consellaría de Educación presentou un borrador de orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira do corpo de mestres en comisión de servizos, para a escolarización de alumnado de atención preferente. A CIG-Ensino fixo unha serie de propostas de modificación ao respecto.

Na Mesa sectorial do31 de maio de 2007 a  Administración presenta unha orde novidosa sobre a atención a alumnado de escolarización preferente e xustifica estas prazas temporais para garantir unha estabilidade do profesorado que os atenda durante a súa escolarización no centro. No borrador da orde estas comisións de servizo están limitadas a funcionarias e funcionarios do corpo de mestres da especialidade de PT ou doutras especialidades do corpo de Mestres coa titulación de Psicopedagoxía.

 

A CIG-Ensino  exixiulle á Administración que esta orde quedara para outro día xa que ademáis de ser unha orde novidosa foinos remitida o día anterior á Mesa Sectorial sen posibilidade de estudala a conciencia.

 

Ademáis desde a CIG-Ensino sempre defendemos que as prazas en comisións de servizo deben ser excepcionais. Non entendemos como estas prazas non se cubren mediante concurso de Traslados, aínda que este sexa un concurso específico con determinado perfil e que sexa voluntario.

 

En canto ao baremo a CIG-Ensino demandou que debera ser o mesmo que o do Concurso de Traslados (Resposta: modificarano para asemellalo ao CXT).

 

Non é lóxico que se pida un proxecto para estas prazas e que haxa que ter unha calificación de  catro ou máis no mesmo. (Resposta: aceptado, retirarán o proxecto).

 

No referente á antigüidade debera terse en conta os servizos como funcionario en prácticas e interino. Ademáis debera ter máis peso a antigüidade que a formación. (Resposta: valorarán máis a experiencia).

 

A CIG-Ensino tamén demandou que as comisións de valoración deberan ter outra composición.

 

A Administración di que revisarán o anexo dos centros porque se algúns deles xa son centros específicos non debera haber postos en comisión de servizos senón por concurso de traslados. Aqueles que sexan centros ordinarios cubriranse as prazas mediante comisión de servizos.

Revisarán o requisito de titulación en Psicopedagoxía para engadir máis. Modificarán a redacción do apartado 6 do baremo.

Volver