As organizacións sindicais solicitamos da Consellaría volver a tratar o calendario escolar

Calendario Escolar

As organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial presentamos o día 29 de marzo un escrito conxunto demandando que, á volta de Semana Santa, a Consellaría traia de novo á Mesa Sectorial a orde de calendario escolar para o curso 2007-2008. A CIG-Ensino xa deixou claro que non acepta a posición da Consellaría de eliminar a xornada en horario matinal nos meses de setembro e xuño e recolleu en menos dunha semana ao redor de 6000 sinaturas avalando o mantemento deste tipo de xornada, sinaturas que se incrementan hora a hora.

Ligazón

Volver