Ante a proposta insuficiente da Consellaría, folga contra o recorte de carga horaria de música, tecnoloxía e plástica

Carga horaria da ESO

É unha proposta insuficiente e descompensada que aínda ten que mellorar para chegar a un mínimo de equilibrio que ofreza un ensino de calidade útil para a sociedade na que vivimos e que abranga todas as áreas do saber nas que unha ensinanza obrigatoria e básica debe incidir.

A CIG-Ensino continúa adiante coa folga e a mobilización en defensa dun ensino de calidade por unha carga horaria para ESO que non marxine á música, plástica e tecnoloxía

Ante a proposta insuficiente da Consellaría, folga 12 de abril

A proposta da Consellería foi enviada hoxe ás 5 menos cuarto da tarde, aínda que está feita apresuradamente e tecnicamente de xeito chapuceiro xa que en cuarto non aparecen concretadas cales son as materias optativas e cales e en 3º faltan dúas horas que se supón que son para unha materia optativa. É unha proposta insuficiente e descompensada que aínda ten que mellorar para chegar a un mínimo de equilibrio que ofreza un ensino de calidade útil para a sociedade na que vivimos e que abranga todas as áreas do saber nas que unha ensinanza obrigatoria e básica debe incidir.

Na carga horaria obrigatoria incrementa só unha hora a respecto da proposta inicial en música (aínda que agora se anula a posibilidade da optatividade en 3º), e plástica, mantendo o mesmo en tecnoloxía, é dicir, por exemplo, que estas materias seguirán a ter unha carga horaria menor que a relixión en toda a etapa. Isto é, a música, tecnoloxía e a plástica terían tan só catro horas obrigatorias en toda a etapa. Mentres que a proposta da CIG e da asemblea de profesorado destas materias concrétase en 4 en música, 5 en plástica e 6 en tecnoloxía.

Seguimos pois a defender a mesma proposta que nos leva a ter que convocar a folga de mañá 12 de abril, e agardamos que a Consellaría reconsidere a súa postura.

Proposta da CIG-Ensino

Proposta da Consellaría

Volver