ADXUDICACIÓN PROVISIONAL CONCURSO XERAL TRASLADOS MESTRES (DOG 25-3-08)

Concurso Traslados Mestres

Publicada no DOG 25-3-08 a Resolución do 6 de marzo de 2008 pola que se publica a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados de mestres convocado pola Orde do 30 de outubro de 2007 (DOG 8-11-07).
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS DE MESTRES

Resolución do 6 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes do Corpo de Mestres.

Consulta esta adxudicación clicando aquí


Contra esta resolución provisional cabe reclamación no prazo de dez días hábiles, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 

Aqueles participantes aos que alude a segunda das normas comúns da orde de convocatoria, deberán xustificar documentalmente de non estar xustificado no prazo de presentación de instancias estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), da súa validación ou títulos equivalentes.
Os que participen simultaneamente nesta convocatoria,na do concurso específico de orientación e no concurso específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos e que obteñen praza definitiva da xefatura do departamento de orientación ou no específico de adultos entenderase que renuncian á participación no concurso xeral de traslados.


Volver