Actualización das listas de persoal interino e substituto

Corpo de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas

Problemas informáticos fixeron que a actualización das listas non se fixera efectiva no día de onte, previsibelmente actualizaranse ao longo do día de hoxe.

Resolucións do 12 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes ao corpo  de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas

Resolución do 12 de novembro de 2019: Aprobación das listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións

Listaxes provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (secundaria)

Como reclamar

  • As persoas participantes nas oposicións con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o 13 de novembro, estas reclamacións serán por rexistro, telemático ou presencial.
  • Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.

Volver