Acceso do grupo B ao grupo A

Mesa Sectorial 27-4-07

A Consellaría explica que como xa fixeran constar, presentan para o acceso do Grupo B ao Grupo A unha convocatoria específica. As prazas que se ofertan son un 10% das ofertadas na Oferta de Emprego Público. Para poder presentarse hai que ter 6 anos de antigüidade como funcionario de carreira.

Acceso do grupo B ao grupo A

 

A Consellaría explica que como xa fixeran constar presentan para o acceso do Grupo B ao Grupo A unha convocatoria específica. As prazas que se ofertan son un 10% das ofertadas na Oferta de Emprego Público. Para poder presentarse hai que ter 6 anos de antigüidade como funcionario de carreira.

 

CIG-Ensino:

Sobre o acceso do Grupo B ao Grupo A manifestamos que queremos que se explicite se vai haber un tribunal por especialidade e cantos opositores se van recoller en cada tribunal. Para a CIG debe haber tribunais de todas as materias. A Consellaría manifestou que van facer o esforzo, mais que virá condicionado polo número de opositores.

Ø      Demandamos que as persoas que opositen poidan facelo por máis dunha quenda. A Consellaría di que o impide o Real Decreto (art. 15).

Ø      Reclamamos que as publicacións non se presenten diante dos tribunais senón xunto co resto da documentación, como no resto da OPE. Aceptárono. Tamén demandamos que se acoute máis a súa puntuación.

Ø      Solicitamos a exención do pago de matrícula, pois estamos a falar de promoción interna.

Ø      Que se fixe na propia convocatoria que vai haber acto de presentación e que non quede á decisión do tribunal. Entendemos que este acto é o momento idóneo, ademais, para explicar todo o relativo á oposición. Aceptárono.

Ø      Facemos notar que falta o anexo en que se recollen cales son as titulacións equivalentes para cada especialidade.

Ø      Para a CIG a proba debe ser o máis asequíbel posíbel, por iso entendemos que se debe ampliar o tempo destinado á preparación en media hora e que se debe recoller que se pode levar un guión para o desenvolvemento. Aceptárono. O guión será dunha páxina.

Ø      A antigüidade debe puntuarse até cinco puntos e deben eliminarse todos os méritos relativos a prestación de servizos na función inspectora, en cargos en Educación ou en cargos directivos.

Ø      Deben puntuarse todas as actividades de formación de 10 horas ou máis con 0.05 puntos cada 10 horas. Deben puntuarse todas as actividades homologadas. Aceptaron que se recollan todas as actividades homologadas.

Ø      Dar a mesma puntuación ao título de doutor cá unha titulación, ou o mesmo polo premio extraordinario ca por unha licenciatura non é axeitado. Ademais non aparecen recollidas as titulacións de réxime especial.

Finalmente manifestamos a nosa preocupación porque non se estean cubrindo todas as prazas ofertadas e manifestamos que recibimos queixas dos participantes polo funcionamento dos tribunais, pois manteñen unha actitude restritiva. A Consellaría manifesta, ante isto, que queren que se adxudiquen todas as prazas e por este motivo están a facer unha convocatoria específica, ademais son prazas que non van pasar á quenda libre.

 

Tamén neste caso pedimos que os tribunais non coñezan a puntuación da fase de concurso durante o desenvolvemento da oposición, ao que manifestaron que o separarían todo o posíbel.

            Pedimos aclaración de cando hai que cumprir o requisito de estar no destino definitivo para poder permanecer na praza en que se está (“os aspirantes seleccionados no procedemento selectivo regulado na presente orde que estean ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade ás que acceden, poderán optar, por permanecer nas mesmas”). Aclárannos que se fai esta opción no momento en que teñan o nomeamento de funcionarios de carreira.

Volver