Acadado o V Convenio

Integración do persoal do Consorcio no V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta

Cando en setembro asinamos o primeiro acordo para a integración do persoal do Consorcio no V Convenio dixemos que era mellorábel pero que era un avance para o persoal laboral do Consorcio, nel tendíase á homologación das prazas, dereitos e oportunidades para que todos/as puideran acceder, tanto fixos como temporais, e se pechaba a porta a unha posíbel privatización. Só quedaba pendente o tema das categorías de persoal xerocultor e persoal de servizos xerais (PSX) ao que ao fin lle dimos solución. Parabéns a todo o persoal do Consorcio, a loita por un #VConvenioXA xa ten os seus froitos e sen deixan a ninguén atrás.

Logo da aprobación deste acordo en Comisión de Persoal, desde CIG, CCOO, UGT podemos afirmar:

  • Que o acordo de adhesión e integración do Consorcio foi negociado e asinado en setembro por tódolos sindicatos, incluído a CSIF.
  • Que todos os asinantes do acordo sabíamos que, de non atopar acomodo dentro das categorías da Xunta como así foi, habería que crear as categorías do consorcio que non existisen no Convenio Único (neste caso Xerocultor e PSX), porén fixamos un prazo certo para facelo efectivo.
  • Que todos os sindicatos asinantes do acordo sabíamos que ese requisito era obrigatorio para poder continuar coa integración do persoal do Consorcio no V Convenio.
  • Que todos os sindicatos asinantes do acordo fixemos esforzos para achegar posicións que permitisen a integración do persoal do Consorcio no Convenio, para minimizar calquera efecto negativo da creación da categoría de PSX do grupo IV fronte á categoría de PSX do grupo V da Xunta e da escala de funcionarios/as PSX.

A CIG, xunto con CCOO e UGT, considera que o voto favorable a este Acordo está xustificado polos seguintes motivos:

  1. A adhesión ao Convenio Único favorece a 1.800 traballadores/as, que de forma inmediata van axustar a súa xornada laboral á da Xunta, e comezar a cobrar os trienios perfeccionados.
  2. A adhesión ao Convenio Único supón evitar calquera atisvo de privatización do Consorcio nun futuo.
  3. A adhesión ao Convenio Único, permite elaborar a RPT do Consorcio.
  4. A adhesión ao Convenio Único vai permitir regularizar as listas do Consorcio integrándoas nas da Xunta, ampliando así as posibilidades de traballo para os anotados no Decreto 37 e nas actuais listas do Consorcio.
  5. A adhesión ao Convenio Único dá o pistoletazo de saía a unha oferta de emprego público para todo o persoal do Consorcio, 20% cada ano da OEP xeral.
  6. A adhesión ao Convenio Único tamén recolle un acoutamento das funcións da categorías de PSX, tanto en lavandería, limpeza como en cociña.
  7. A adhesión ao Convenio Único, tamén recolle o acoutamento sobre os centros nos que non se poderá utilizar a categoría do PSX (ámbitos administrativos), xa que actualmente os PSX da Xunta prestan os seus servizos en edificios administrativos.
  8. A adhesión ao Convenio Único, tamén resolve a reciprocidade entre a categoría de Xerocultor (sempre que teña a titulación) e a de auxiliar de enfermería

Por todo isto apoiamos na comisión de persoal a integración do persoal do Consorcio no Convenio Único e no comité intercentros a creación das categorías, xa que non se poden separar ámbolos dous actos.

Parabéns a todas e todos polo que foi unha longa loita que chega a bo porto!!

Podedes ler o acordo íntegro na seguinte ligazón

Acadado o V Convenio

Volver