A proposta da Consellaría, apresentada na Mesa Sectorial de 14 de decembro, para mudar a regulamentación sobre a xornada única, unha tomadura de pelo

XORNADA UNICA

Así valoramos desde a CIG-ENSINO a actitude da Consellaría de Educación no inicio da negociación dunha nova regulamentación da xornada lectiva en sesión única de mañá, tal e como se comprometeran na Mesa Sectorial de 29 de maio.
A proposta da Consellaría, apresentada na Mesa Sectorial de 14 de decembro, para mudar a regulamentación sobre a xornada única, unha tomadura de pelo
 
Así valoramos desde a CIG-ENSINO a actitude da Consellaría de Educación no inicio da negociación dunha nova regulamentación da xornada lectiva en sesión única de mañá, tal e como se comprometeran na Mesa Sectorial de 29 de maio. Hoxe mesmo, ao inicio da Mesa, a Consellaría entregou a seguinte proposta:
 
“PROPOSTA DE XORNADA LECTIVA EN SESIÓN ÚNICA
 
Como cumprimento do compromiso de levar á mesa sectorial no primeiro trimestre do curso 2007-2008 unha proposta de xornada lectiva en sesión única, facemos a seguinte proposta referida ás súas condicións:
 
1º.- Reducir aos 3/5 a necesidade de votos afirmativos do claustro.
2º.- Reducir aos 3/5 a necesidade de votos afirmativos do consello escolar.
3º.- Votación de pai/nai do alumnado.
4º.- Revisar a xornada cada tres anos."
 
O simulacro de proposta da Consellaría non contempla a modificación daqueles aspectos máis restritivos, entre os cales está, a redución da porcentaxe necesaria para acollerse á xornada única, é máis agrava a situación actual na medida en que a Consellaría interpreta que deben participar pai e nai, ambos os dous, cuestión sobre a que a CIG-ENSINO manifestou o seu desacordo.
 
Tanto o profesorado, como a  CIG-ENSINO vimos demandando reiteradamente, desde a vixencia da orde de 1993, a modificación dos criterios para modificar a xornada lectiva. A CIG-ENSINO defendeu na Mesa que se elabore unha nova orde que regule a modificación da xornada única e que recolla, entre outros, os seguintes criterios:
 
Ø Que tanto a xornada partida, como a xornada única teñan a consideración de xornadas ordinarias e que para mudar dunha a outra se sigan os mesmos procedementos.
Ø Que para proceder á modificación da xornada se requira a participación do 50% do censo e o voto afirmativo dos 2/3 dos participantes, entendendo un voto por unidade familiar.
Ø Que para a ratificación do tipo de xornada se requira soamente o voto afirmativo da maioría dos membros dos órganos colexiados.
Ø Que a implantación da xornada única non estea condicionada polo transporte escolar
Ø Que se supriman as dobraxes do transporte
Ø Que a Administración educativa garanta a todos os centros os servizos complementarios e as actividades extraescolares, independientemente do tipo de xornada
 
A CIG-ENSINO criticou duramente a actitude da Consellaría de Educación e exixiu que se traia unha proposta de orde que modifique a actual e recolla as propostas anteriormente sinaladas. As restantes organizacións sindicais coincidiron coa maioría das propostas presentadas pola CIG-Ensino e a Consellaría quedou de presentar unha proposta de orde na próxima mesa sectorial, a vindeira semana.

Volver