A maioría do profesorado de tecnoloxía, plástica e música mantívose o 12 de abril en folga en defensa de maior carga horaria para estas materias

Carga horaria da ESO

A CIG-Ensino valora positivamante o seguimento da folga do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica que foi secundada por máis do 80% do profesorado destas materias e que tivo incidencia en todos os Institutos de Educación Secundaria ( 274 IES) e Centros Públicos Integrados (70 CPIs) nos que imparte aulas este profesorado.

A mairoría do profesorado de tecnoloxía , plástica e música mantívose o 12 de abril en folga en defensa de maior carga horaria para estas materias

 

 

A CIG-Ensino valora positivamante o seguimento da folga do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica que foi secundada por máis do 80% do profesorado destas materias e que tivo incidencia en todos os Institutos de Educación Secundaria ( 274 IES) e Centros Públicos Integrados (70 CPIs) nos que imparte aulas este profesorado.

Máis de 1000 profesores/as asistiron á manifestación que saíu da praza de Cervantes ás 11:30 até a Consellaría de Educación.

O venres, día 13 de abril, ás 11:30, no rexistro da Consellaría de Educación, faremos unha 2º entrega de 1563 sinaturas enviadas polo profesorado das disciplinas de Música, Plástica e Visual e Tecnoloxía en demanda dunha maior carga horaria para estas materias. Estas 1563 sinaturas sumadas ás  2702 da primeira entrega,  realizada o día 26 de marzo, tamén no rexistro da Consellaría, fan un cómputo total de 4265.

Tamén o venres 13, ás 16:45, haberá unha concentración diante da EGAP co motivo da reunión que vai ter alí o Consello Escolar de Galiza. A CIG-Ensino continuará defendendo no Consello Escolar o incremento de carga horaria obrigatoria destas materias que se concretan en 6 h. para Tecnoloxía, 4 h. para Música a cursar en 1º e 2º da ESO e ofertala como optativa en 3º e 5 h. para Plástica e Visual.

Agardamos que despois do seguimento maioritario de folga, a conselleira se aveña a recibirnos e acepte a proposta que ten o apoio maioritario do profesorado, do contrario estariamos ante unha nova imposición que non será aceptada nin asumida pola CIG-Ensino nin polo profesorado.


Imaxes da manifestación:


Volver