A Conselleira comprometeuse a iniciar negociacións importantes para o ámbito educativo na entrevista mantida coa CIG-Ensino

Entrevista

Na entrevista mantida este luns 19 de novembro do Secretario Nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e os membros da Executiva, Marta Dacosta e Xosé Luís Rivera, coa Conselleira de Educación e o Secretario Xeral da Consellaría, Educación deixou constancia do seu compromiso de iniciar de inmediato negociacións importantes para o ámbito educativo.

A CONSELLEIRA COMPROMETEUSE A INICIAR NECOCIACIÓNS IMPORTANTES PARA O ÁMBITO EDUCATIVO NA ESTREVISTA MANTIDA HOXE COA CIG-ENSINO

 

Na entrevista mantida polo Secretario Nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e os membros da Executiva, Marta Dacosta e Xosé Luís Rivera, coa Conselleira de Educación e o Secretario Xeral da Consellaría, Educación deixou constancia do seu compromiso de iniciar de inmediato negociacións importantes para o ámbito educativo.

 Ante as propostas da CIG-ENSINO a Conselleira comprometeuse a negociar de inmediato neste trimestre uns novos criterios que faciliten a implantación da xornada única nos centros de Infantil e Primaria, o remate inmediato da negociación das condicións de traballo do profesorado itinerante e, antes de rematar a lexislatura, negociarán o incremento das gratificacións por xubilación e á negociación do Estatuto galego do profesorado, a Lei de Universidades e a Lei Galega de Educación.

 Reclamámoslle desde a CIG-ENSINO a redución das rateos máximas en todos os niveis educativos, nomeadamente en Infantil, xa que está recollido no acordo de goberno que sexa de quince alumnos/as como máximo. A Conselleira aceptou revisar o tema, especialmente no relativo ao cómputo de repetidores e alumnado con necesidades educativas especiais. Tamén adquiriron o compromiso de adaptar ao Ensino as modificacións da nova Lei da Función Pública galega, para facer factíbeis os novos dereitos recollidos nesta. Tamén foron receptivos a dotar os centros con persoal administrativo, antes de que remate a lexislatura, mais non para o ano que vén tal e como lle demandamos.

 Á petición da CIG-ENSINO, comprometéronse a fixar un calendario de negociación, con temas e datas, para a Mesa Sectorial durante o presente curso e aceptaron realizar todos os anos en setembro unha Mesa en que se avalíe o inicio de curso.

 Desde a CIG-Ensino tamén lle trasladamos a necesidade de elaborar un novo mapa de Formación Profesional e de Orientación Escolar, así como a redución horaria para maiores de 55 anos. Tamén reclamamos a creación dunha Subdirección Xeral de Normalización que coordine todo o relativo coa normalización lingüística, así como o incremento e a mellora da formación do profesorado en materia lingüística.

 A CIG-Ensino trasladoulle o seu rexeitamento ás dificultades que algúns centros teñen para facer efectiva a xornada de vinte e cinco hroas de permanencia, tal e como se recolle no acordo de 8 de xuño, por mor de non contar con profesorado suficiente apesar de o ter demandado en tempo e forma, comprometéronse a estudar cada un dos casos.

 Así mesmo a CIG fixo fincapé na necesidade de retabelecer a xornada reducida en xuño e setembro, de acordo co sentir maioritario do profesorado que secundou unha folga de grande incidencia. Porén a Consellaría non se mostrou partidaria de abrir negociacións sobre este tema, nin sobre a negociación dun acordo de estabilidade para o profesorado interino, entre outros, actitude preocupante para a CIG-ENSINO, pois con ela a Consellaría de Educación desoe algunha das demandas máis sentidas do profesorado e que conlevará a que sexan conflitos permanentes até a súa resolución.

Volver