A Consellaría reconsidera a súa postura sobre a carga horaria da ESO

Consello Escolar

O 29 de marzo no pleno do Consello Escolar de Galiza, estaba previsto realizar o ditame sobre o Decreto polo que se fixa o Currículo da ESO, no que se establecen as cargas horarias das diferentes materias e que propoñía reducir nun 43% a carga horaria de Tecnoloxía e nun 40% a de Plástica e Música. A CIG-Ensino tiña apresentada unha enmenda avalada polas mobilizacións e sinaturas do profesorado afectado, máis de 3000, e que é motivo da convocatoria dunha folga para o 12 de abril, mobilizacións todas elas que se están a levar a cabo co apoio do profesorado destas materias e as asociacións profesionais correspondentes.

Ditame do Consello Escolar de Galiza sobre as cargas horarias na ESO

 

Hoxe, no pleno do Consello Escolar de Galiza, estaba previsto realizar o ditame sobre o Decreto polo que se fixa o Currículo da ESO, no que se establecen as cargas horarias das diferentes materias e que propoñía reducir nun 43% a carga horaria de Tecnoloxía e nun 40% a de Plástica e Música.

A CIG-Ensino tiña apresentada unha enmenda avalada polas mobilizacións e sinaturas do profesorado afectado, máis de 3000, e que é motivo da convocatoria dunha folga para o 12 de abril, mobilizacións todas elas que se están a levar a cabo co apoio do profesorado destas materias e as asociacións profesionais correspondentes.

A nosa proposta parte da necesidade de equilibrar un horario obrigatorio con peso en todas as áreas de coñecemento, e concrétase no seguinte: ampliar a carga lectiva  de Tecnoloxía até 6 horas, de Música a 4 e de Plástica e Visual a 5 horas de impartición obrigatoria en toda a ESO, atendendo á seguinte distribución: Plástica e Visual impartirían 3 en 1º e 2 en 3º. Música 2 en 1º e 2 en 2º e Tecnoloxía 3 en 2º e 3 en 3º. Estas horas sairían da redución de Relixión, Educación para a cidadanía e a supresión do Proxecto interdisciplinar.  Ademais,  no relativo á 2º Lingua estranxeira entendemos que debe ter un horario obrigatorio de 2 horas en 1º e 2 en 2º e logo, o resto do horario, optativo

A Consellaría, ante as mobilizacións levadas a cabo polo profesorado afectado, vai reconsiderar a súa proposta de cargas lectivas na ESO e manifestou que traerá ao Pleno do Consello Escolar do vindeiro 13 de abril unha nova proposta que incidirá no horario das materias de tecnoloxía, plástica e música. Para iso terá en conta a proposta transacionada pola Permanente en base as propostas presentadas entre outros pola CIG ao Consello Escolar e no que se traslada que se incrementen as cargas horarias a 6 horas en tecnoloxía, 4 en plástica e 4 en música. A Consellaría daranos a coñecer a súa postura final 48 horas antes do Pleno do Consello escolar.

A CIG-Ensino valora positivamente esta decisión e agarda que a proposta que nos traia a Consellaría recolla as demandas realizadas e avaladas polo profesorado.

Volver