A Consellaría de Educación continua mantendo a proposta de eliminar o horario en xornada matinal para os meses de xuño e setembro

Mesa Sectorial do 27 de Marzo

A CIG-Ensino lamenta a posición inamobíbel da Consellaría de Educación de eliminar a xornada intensiva en horario de mañá nos meses de xuño e setembro, malia as nosas demandas que foron apoiadas por máis de 5000 sinaturas do profesorado afectado, da maioría dos centros do país, o que significa un amplísimo apoio á campaña iniciada hai só catro días e que se traduciu na chegada de máis de mil sinaturas diarias, que se incrementan hora a hora, pois seguimos recibindo avais sen interrupción.

 

A Consellaría de Educación  continua mantendo a proposta de eliminar o horario en xornada matinal para os meses de xuño e setembro

 

A CIG-Ensino lamenta  a posición inamobíbel da Consellaría de Educación de eliminar a xornada intensiva en horario de mañá nos meses de xuño e setembro, malia as nosas demandas que foron apoiadas por máis de 5000 sinaturas do profesorado afectado, da maioría dos centros do país, o que significa un amplísimo apoio á campaña iniciada hai só catro días e que se traduciu na chegada de máis de mil sinaturas diarias, que se incrementan hora a hora, pois seguimos recibindo avais sen interrupción.

 

A existencia dunha xornada lectiva continuada en horario matinal nos meses de setembro e xuño ten a finalidade de estabelecer un acceso gradual desde o período de vacacións ao período lectivo no mes de setembro, e de atenuar a incidencia do cansazo acumulado de todo o curso durante o mes de xuño, período que coincide coas avaliacións finais. Sempre se considerou que este tipo de xornada era a máis axeitado para o alumnado, así se veu recollendo ao longo dos anos. Por iso, manifestamos o noso desacordo coa modificación que propón a Consellaría, ao entendermos que repercute negativamente na adaptación do alumnado e porque é totalmente compatíbel coa oferta do servizo de comedor escolar.

 

Para a CIG-Ensino a verdadeira conciliación da vida laboral e familiar non depende da ampliación do horario lectivo nin de estender a xornada partida a todo o curso escolar, senón de dotar de servizos complementarios (transporte e comedor) e actividades extraescolares os centros, independentemente de que sexan rurais ou urbanos e da modalidade de xornada lectiva (continuada ou partida). Cuestión que con este tipo de proposta a Consellaría non garante.

 

A Consellaría non asumiu ningunha proposta que pasase porque os centros que teñen xornada de mañá e tarde poidan ter xornada lectiva intensiva matinal durante os días lectivos dos meses de setembro e xuño.

 

En todo caso, para a CIG-Ensino o tema non está pechado, queda tempo para a súa negociación (o curso pasado negociouse un mes máis tarde) e non imos aceptar esta imposición da Consellaría. Estudaremos as medidas a levar a cabo e chamaremos o profesorado á mobilización. É totalmente inaceptábel que a Consellaría non sexa receptiva a unha demanda tan amplamente avalada pola maioría dos centros e do profesorado, modificando unha xornada que sempre estivo en vixencia e nunca foi cuestionada.

 

Lamentamos que a posición da Consellaría de Educación, neste tema, así como no relativo á negativa a negociar a oferta de emprego e a estabilidade para o profesorado interino, se asemelle ao comportamento seguido pola Consellaría anterior. Aínda hai tempo suficiente para a rectificación, polo que facemos un chamamento á Conselleira, como máxima responsábel de Educación, para que sexa receptiva ás propostas que lle facemos desde a CIG- Ensino co aval do profesorado.

 

Cargas horarias na ESO

 

Ante o requerimento da CIG sobre a posición da Consellaría no relativo á recuperación da carga horaria de Tecnoloxía, Plástica e Música na ESO e despois das nutridas mobilizacións levadas a cabo e das sinaturas recollidas, a Consellaría manifestou que está estudando o tema e que teremos cumprida información da súa posición final no Consello Escolar de Galiza que se celebrará mañá, 28 de marzo, á tarde, na sede do MUPEGA. Agardamos que a Consellaría conclúa a necesidade de ampliar os horarios obrigatorios destas materias.

Volver