A Consellaría apraza até o martes tomar unha decisión sobre o calendario escolar: É fundamental o pronunciamento dos centros para frear esta medida unilateral e demagóxica

Calendario Escolar

Hoxe a CIG-Ensino, conxuntamente coas organizacións sindicais con presenza na Mesa, presentamos e demos lectura a un escrito asinado por todas as organizacións en que se demandaba da Consellaría de Educación que seguise recollendo na Orde de calendario escolar a xornada continuada en horario de mañá para os meses de xuño e setembro.

A consellaría de educación retira a proposta de borrador de calendario ante a demanda sindical

 

Na Mesa sectorial de hoxe, 21 de marzo, estaba previsto tratar a orde de calendario escolar que finalmente quedou sobre a mesa ante a demanda das organizacións sindicais.

 

Hoxe a CIG-Ensino, conxuntamente coas organizacións sindicais con presenza na Mesa, presentamos e demos lectura a un escrito asinado por todas as organizacións en que se demandaba da Consellaría de Educación que seguise recollendo na Orde de calendario escolar a xornada continuada en horario de mañá para os meses de xuño e setembro.

 

A Consellaría negouse inicialmente a recoller esta demanda e tentou xustificar a súa proposta. Mais a CIG-Ensino e as restantes organizacións sindicais presentes na mesa reiteraron o seu rexeitamento ante esta proposta. Finalmente retirou o borrador e emprazounos a unha nova mesa.

 

A CIG-Ensino reclamou a necesidade de manter esta xornada pois é unha medida pedagóxica necesaria para o alumnado como adaptación desde o período vacacional e para paliar o cansazo acumulado ao final de curso coincidindo coas avaliacións finais. Esta xornada está consolidada desde hai décadas e non recollela no calendario para o ano 2007-2008 suporía un retroceso inexplicábel e contraproducente para as condicións de traballo do profesorado e cunha negativa incidencia no rendemento do alumnado.

 

A CIG-Ensino non vai aceptar unha proposta que non recolla o mantemento desta xornada. A CIG xa manifestou na mesa de hoxe que o mantemento desta xornada debe estar acompañado do mantemento dos servizos de transporte e comedor e non pode ser condicionada pola oferta destes servizos, pois do contrario estaría ofertándose un avance teórico sustentado nun retroceso. Ademais, imos dirixirnos aos centros educativos para que se posicionen en contra desta proposta da Consellaría .

 

PROPOSTA DE CALENDARIO ESCOLAR DA CONSELLARÍA

Volver