A comisión ten previsto rematar a valoración dos apartados 6.1, 6.2 e 6.3 o vindeiro luns, día 14 de febreiro

Criterios de Baremación da Comisión do Concurso de Traslados

A comisión pensa rematar a valoración destes apartados o vindeiro luns, día 14 de febreiro. O mesmo luns será enviada a pùntuación destes apartados aos servizos centrais da Consellaría para que sexa colgada na páxina.

CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS APARTADOS 6.1, 6.2 E 6.3 DO CONCURSO DE TRASLADOS (ANEXO XIV).

6.1- PUBLICACIÓNS: ata 8 puntos.

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignaren o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas que o autor sexa o seu editor.

Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de asignaturas de carreira, mestrado ou doutorado, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.

Con carácter xeral valoranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.

Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

Reseñas e colaboracions en revistas, libros, etc, así como a impresión de folletos, programas, etc.:

1 autor ou colaborador

2 autores ou colaboradores

Mais de 2 autores ou colaboradores

0.025

0,0125

0,00625

Traducción dunha revista:

Autor

2 autores

Mais de 2 autores

0.1

0,05

0,025

Traducción ou ilustración dun libro

1 traductor ou ilustrador

2 traductores ou ilustradores

3 traductores ou ilustradores

4 traductores ou ilustradores

5 traductores ou ilustradores

Mais de 5 traductores:

0,5

0,25

0,166

0,125

0,1

0.05

Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 ou mais autores

0.2

0,1

0,05

Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 autores

4 autores

5 autores

Máis de 5 autores

1

0,5

0,4

0,3

0,2

0,1

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

-No caso de libros, a seguinte documentación:

* Os exemplares orixinais correspondentes ou fotocopia completa con cotexo das páxinas acreditativas da autoría, o depósito legal e o ISBN. Deberán de aportarse as páxinas onde figura a editorial e o índice.

* Certificado da editorial onde conste: Título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (Centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado haberán de xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

-No caso de revistas, a seguinte documentación:

* Os exemplares orixinais correspondentes ou fotocopia completa do artigo con cotexo das páxinas acreditativas da autoría, o depósito legal e o ISSN ou ISMN. Deberán de aportarse as páxinas onde figura a editorial e o índice.

* Certificado en que conste: o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, á cal pertence a revista, título da publicación, autor/es, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

-No caso de documentos en formato electrónico, para ser valorados a copia deberá ir acompañada por un informe no cal o organismo emisor certifique en que base de datos bibliográfica aparece a publicación. Neste documento indicaranse ademais, os seguintes datos: o título da publicación, autor/es e data da publicación.

6.2- POR PREMIOS DE ÁMBITO AUTONÓMICO, NACIONAL OU INTERNACIONAL CONVOCADOS POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN OU POLAS ADMINISTRACIÓNS EDUCATIVAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN OU INNOVACIÓN NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN OU POLA PARTICIPACIÓN NESTES PROXECTOS: ata 2,5 puntos.

Neste apartados non se valorarán as actividades convocadas pola universidade.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

PREMIOS

accésit

Participación

Puntuación

1

0.75

0.5

0,25

0,15

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

Para a valoración destes premios e actividades deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

Orixinal ou fotocopia cotexada da acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes expedidas polas entidades convocantes ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente (non por centros docentes).

6.3- MÉRITOS ARTÍSTICOS E LITERARIOS: ata 2,5 puntos.

- Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional:

Con caracter xeral non se valorarán os premios convocados en ámbitos restrinxidos.

* Por premios en concursos ou en certames literarios de ámbito autonómico, nacional ou internacional:

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta subepígrafe:

PREMIOS

Accésit

Puntuación

1

0.75

0.5

0,25

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

* Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames artísticos:

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta subepígrafe:

PREMIOS

Accésit

Internacionais

1.5

1

0.5

0,25

Nacionais

1

0.75

0.4

0,2

Autonómicos

0.5

0.25

0.10

0,05

Locais

0.25

0.15

0.05

0,025

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

Para a valoración destes premios artísticos e literarios deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

Orixinal ou copia cotexada do certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome do premiado/s, o seu ámbito e a categoría do premio.

- Por composicións estreadas como autor ou gravacións con depósito legal:

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

Composicións ou Gravacións:

1 autor

coautor

3 autores

4 autores

5 autores

Máis de 5 autores

1

0,5

0,4

0,3

0,2

0,1

Gravacións:

1 intérpetre

2 intérpetres

3 intérpetres

4 intérpetres

5 intérpetres

Máis de 5 intérpretes

0,5

0,25

0,166

0,125

0,1

0.05

Cando unha obra é puntuada como composición non pode ser valorada como gravación. Si é compatible a puntuación de intérpetre e autor.

Para a valoración destas composicións e gravacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

No caso das composicións: orixinal ou copia cotexada da obra e do certificado ou documento en que figure que é o autor e o seu depósito legal. As alegacións valoradas por este apartado non se terán en conta na epígrafe 6.1.

No caso das gravacións: orixinal ou copia cotexada da obra e do certificado ou documento acreditativo en que figure que é o autor ou intérprete e o seu depósito legal.

- Concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos,....)

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

A / B / C

Director, solista, compositor.

Protagonista

Participante en grupos de cámara ou similar (< 15 compoñentes).

Actor Secundario

Integrante de orquestras, bandas, coros, non de cámara.

Actor de reparto / figuración

Repertorio sinfónica: coro, orquestra, banda.

Obra de teatro de gran formato, zarzuela (>1,5 H de duración)

1 / 0.5 / 0.25

0.5 / 0.25 / 0.1

0.25 / 0.1 / 0.05

Outros xéneros: (flamenco, jazz, etc.)

Pezas breves (0,.5-1H)

0.5 / 0.25 / 0.1

0.25 / 0.1 / 0.05

0.1 / 0.05 / 0.025

Música lixeira, rock, etc.

Lectura dramatizada, recital de poemas, etc.

0.25 / 0.1 / 0.05

0.1 / 0.05 / 0.025

0.05 / 0.025 / 0.01

A: Primeira Categoría: Concerto de importancia internacional

B: Segunda Categoría:. Importancia nacional

C: Terceira Categoría: importancia autonómica.

A puntuación dividirase polo número de directores e solistas.

Para a valoración destes concertos ou obras deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

No caso dos concertos: orixinal ou copia cotexada dos programas onde conste a participación do interesado e da certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como director, solista ou solista con orquestra/grupo.

No caso das obras: orixinal ou copia cotexada dos programas onde conste a participación do interesado e da certificación da entidade organizadora, onde conste a realización da obra e a participación como protagonista, actor secundario ou actor de reparto/figuración.

- Por exposicións individuais ou colectivas:

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

Exposición individual: 0.5

Exposición de obra seleccionada en concursos (CERTIFICACIÓN):

  • Internacionais: 0.5

  • Nacionais: 0.25

  • Autonómicas: 0.125

Esta puntuación é incompatible con premios en exposicións.

Exposición colectiva: = 0.5/ Nº de artistas Mínimo: 0.025

Para a valoración destas exposicións deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

Orixinal ou copia cotexada do programa de man e certificación da galería/institución (museos, fundacións, administracións). Nos concursos, orixinal ou copia cotexada do certificado onde se especifique a concesión do mesmo.

CRITERIOS DE VALORACIÓN DO APARTADO 4.1 DO CONCURSO DE TRASLADOS (ANEXO XV).

4.1- PUBLICACIÓNS: ata 5 puntos.

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignaren o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas que o autor sexa o seu editor.

Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de asignaturas de carreira, mestrado ou doutorado, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.

Con carácter xeral valoranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.

Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

Reseñas e colaboracions en revistas, libros, etc, así como a impresión de folletos, programas, etc.:

1 autor ou colaborador

2 autores ou colaboradores

Mais de 2 autores ou colaboradores

0.025

0,0125

0,00625

Traducción dunha revista:

Autor

2 autores

Mais de 2 autores

0.1

0,05

0,025

Traducción ou ilustración dun libro

1 traductor ou ilustrador

2 traductores ou ilustradores

3 traductores ou ilustradores

4 traductores ou ilustradores

5 traductores ou ilustradores

Mais de 5 traductores:

0,5

0,25

0,166

0,125

0,1

0.05

Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 ou mais autores

0.2

0,1

0,05

Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 autores

4 autores

5 autores

Máis de 5 autores

1

0,5

0,4

0,3

0,2

0,1

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas esixencias que así se indican a continuación:

-No caso de libros, a seguinte documentación:

* Os exemplares orixinais correspondentes ou fotocopia completa con cotexo das páxinas acreditativas da autoría, o depósito legal e o ISBN. Deberán de aportarse as páxinas onde figura a editorial e o índice.

* Certificado da editorial onde conste: Título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (Centros educativos, centros de profesores, institucións culturais,

etc.).

Volver