A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades

Concentración ás 11:30 diante da Consellaría de Educación

Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión. De non atenderse por esta vía, a CIG anuncia a súa disposición a presentar un recurso contencioso-admnistrativo.

Celebrou unha concentración ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades


Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión. De non atenderse por esta vía, a CIG anuncia a súa disposición a presentar un recurso contencioso-admnistrativo.

A Consellaría de Educación decidiu excluír á CIG e deixala sen representación nos Consellos Sociais das universidades galegas. Unha decisión que desde a administración foi xustificada amparándose na aplicación do regulamento polo que se rexen estes organismos, e que puntualiza que son as dúas centrais máis representativas de ámbito galego as que teñen dereito a participar, sen ter en conta os resultados actualizados das eleccións sindicais.

Por iso, na súa intervención ao remate da concentración, o secretario xeral da CIG lembrou que a CIG, ademais de  estar recoñecida a nivel estatal como central sindical máis representativa é segunda forza en Galiza, tal e como se recolle nos resultados oficiais do último proceso de eleccións sindicais, rematado a 31 de decembro de 2007.

 

Alén diso, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, subliñou que a CIG é maioritaria nas universidades galegas, tanto no colectivo de PAS como de profesorado, e no ensino público en Galiza.

 

Por iso ambos coincidiron en denunciar esta decisión como “antidemocrática” e anunciaron que de non atenderse o recurso de reposición iniciarase a vía contencioso-administrativa.

 

Adxuntamoso recurso de reposición, onde se recolle o desenvolvemento de todo o proceso.

Volver