A CIG-Ensino rexeita o cambio de actitude do PP ante o decreto de normalización lingüística

Normalización lingüística

A CIG-Ensino quere manifestar o seu rexeitamento ao cambio de actitude do Partido Popular ante a publicación do Decreto 124/2007 que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

A CIG-Ensino rexeita o cambio de actitude do PP ante o decreto de normalización lingüística

 

A CIG-Ensino quere manifestar o seu rexeitamento ao cambio de actitude do Partido Popular ante a publicación do Decreto 124/2007 que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

É inaceptábel que, despois de aprobarse o Plan Xeral de Normalización Lingüística, presentado por unha Consellaría de Educación dirixida polo Partido Popular, e despois de ser aprobado por unanimidade do Parlamento galego, hoxe o PP mude de posición diante dun Decreto que ten por obxecto desenvolver aquel Plan Xeral, un Plan Xeral que estabelecía a necesidade de acadar o 50% da docencia en lingua galega e indicaba xa que a materia de matemáticas sería impartida nesta lingua. Ademais o Decreto foi elaborado tendo en conta a opinión de todos os grupos parlamentarios, polo que o PP xa mostrara, durante a elaboración da norma, a súa aceptación do texto.

Esta viraxe do PP só pode ser explicada como unha mudanza provocada por intereses exclusivamente políticos que levan a esta organización a empregar o noso idioma como elemento de oposición ao actual goberno de Galiza. Para a CIG-Ensino esta actitude é fondamente criticábel, pois consideramos que o noso idioma non debe ser instrumento de confrontación política senón obxecto de potenciación e normalización por enriba de posicións ideolóxicas.

En contra do que manifesta o Partido Popular, este Decreto só fixa unha impartición do 50% das materias en lingua galega, pois ten como obxectivo que o alumnado galego acade, ao rematar os seus estudos, uns niveis de coñecementos parellos do galego e do español.

A CIG rexeita este cambio de actitude que só vai prexudicar o  noso idioma e a todas aquelas persoas que, como recoñece a Carta europea das Linguas, , teñen dereito a empregar a súa lingua propia, a lingua propia de Galiza, a única lingua dos galegos e as galegas que foi desprazada coa imposición do español e que, documentos como o Plan Xeral e o Decreto 124, tentan recuperar.

Volver