A CIG-Ensino non asinou o x convenio colectivo de centros de ensinanza privada regulada sen ningún nivel concertado

Consolídase a precariedade no sector

Coa desculpa da “postcrise” das patronais e coa complicidade de organizacións sindicais estatais, consolídase a precariedade no sector ao asinarse un convenio sen melloras laborais e que aumenta a perda de poder adquisitivo.

O 22 de xuño de 2018, logo de 12 reunións da mesa de negociación, tivo lugar a sinatura do X Convenio Colectivo de Centros de Ensinanza Privada Regulada por parte das patronais ACADE e CECE e pola parte sindical USO, FSIE e FeSP-UGT (BOE do 11/07/2018). Desde o punto de vista social, tratouse de 12 reunións estériles, dado que non se acadou nin unha soa mellora significativa, agás as adaptacións (obrigadas) á normativa actual,sobre o texto anterior.Porén, certifícase un novo “recorte”salarial co aumento da perda de poder adquisitivodurante o período de sinatura do convenio ata decembro do 2020 (nin sequera aseguran o IPC real nun convenio do máis precario en salarios e tamén en condicións laborais no ensino regulado).

Unha vez máis voltaron vender os traballadores/as nas mesas de negociación:

O convenio asínase dende 2014 até decembro de 2020, un período moi longo, e ademais sen melloras laborais e con perdas salariais moi preocupantes.

A Comisión Paritaria do convenio integrarase polos “asinantes” do mesmo e non polos negociantes.E a  democracia? Ou pasas polo aro ou quedas fóra da comisión!

As táboas salariais asinadas, sabendo que herdabamos unha perda de poder adquisitivo das táboas 2013 dun 3,6%,dende a sinatura do IX convenio, recollen:

  • Os anos2014–2015-2016–2017- CONXELACIÓN SALARIAL (o 3,6% pasa a6,3%acumulado de perda real de poder adquisitivo). Unha auténtica venta de dereitos salariais á patronal!!              
  • Suba 0,75%,sobre as táboas de 2013, parao 2018, certificándose máis perda de poder adquisitivo, pois o IPC actual anda no 2,3%.
  • O 2 % para 2019e o 2,25 % para 2020.  Sen cláusula de revisión salarial alguna

Estas novas táboasasinadas, por desgraza, corren o perigo de non ser cobradas por moitos dos traballadores/as aos que afecta este convenio (preto de 30.000), pois introdúcese unha “Cláusula de Descolgue”, totalmente abusivae lesiva pola que as empresas con perdas de matrícula dun 5% ou máis, estarán exentas de aplicalas. Moitos traballadores/as poden quedar conxelados até o 2021.

Deste xeito, mantense igual a xornada laboral(sendo totalmente abusiva as 27 horas lectivas), as vacacións (dentro do ensino regulado é o sector con menos vacacións), os permisos e excedencias (básicos, apenas mellora o E.T), a incapacidade temporal... E non se recolle nada sobre un plus de dispoñibilidade, nocturnidade, festividade, desprazamento por traballo, horas extras, horas lectivas e non lectivas… e outras moitas reivindicacións, que cando comezaron as negociacións todas as OO.SS formulamos na plataforma conxunta acadada, pero que quedaron en papel mollado ante esta actitude de pactismo e entreguismo sindical que non vos representa… Por todo esto, desde a CIG-Ensino, queremos denunciar a actitude doutras organizacións sindicais que, lonxe de defender os intereses dos/as traballadores/as a quen representan, acaban plegándose aos intereses das patronais.

Esto podería evitarse se, tal e como vimos demandando dende hai tempo, fósemos capaces de negociar un Convenio Galego para o sector, que sexa negociado contando co persoal afectado e tendo en conta as súas demandas e características propias.

CIG Informa sobre o X Convenio Colectivo centros de ensino privado non concertado

Documento


Volver