A CIG-Ensino insta á Consellaría a que solucione os problemas de substitución de profesorado canto antes

ACTUALIZACIÓN: apertura listaxe de matemáticas, toda a información no interior da nova

Estamos a recibir queixas de docentes aos que se lles están denegando as licenzas por asuntos propios e mesmo as reducións de xornada.

Esta situación prodúcese sobre todo naquelas especialidades nas que están a piques de esgotarse as listaxes de substitución por unha mala planificación da administración. Na CIG-Ensino lembrámoslle á Consellaría que non debe restrinxir o dereito que ten o profesorado a solicitar permisos ou licenzas alegando que hai dificultades para a súa substitución, cando nalgúns dos casos nin sequera é certo.

Actualización: A Consellaría abre a listaxe de matemáticas de PES

Toda a información sobre esta apertura e outras tédela na seguinte ligazón da nosa páxina.

A Consellaría de Educación e Cultura volveu actuar con total falta de previsión este curso á hora de planificar a apertura de listaxes de substitución nalgunhas especialidades docentes nas que nestes intres quedan moi poucas persoas dispoñíbeis para ser chamadas. Sorprende que esta mesma semana abrira listaxes de Italiano (2 persoas libres pero con restrición de zona), Sistemas electrónicos (8 persoas non ocupadas) e Instalacións electrotécnicas (7 persoas dispoñíbeis) cando hai outras especialidades nas que apenas queda persoal substituto como Matemáticas, con só 4 persoas libres a día de hoxe, Francés do corpo de Mestres, cunha soa persoa ou Informática con 13. 

CIG

Actualización.

A Consellaría publica ás 14:49 a Resolución do 19 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas (590006). Ligazón á resolución

Ligazón ao modelo de solicitude.

Ligazón ao modelo de alegación de méritos.

O prazo de presentación é do 20 de abril ao 26 de abril, ambos incluídos

Dada a improvisación coa que actúa a consellaría aínda non colgaron nin o modelo de solicitude nin o de alegación de méritos que colgaron un día despois na seguinte ligazón.

Toda a información sobre esta apertura e outras tédela na seguinte ligazón da nosa páxina.

No sindicato temos constancia de que nas distintas xefaturas territoriais están denegando licenzas por asuntos propios e mesmo na da Coruña algunha redución de xornada, cando estas últimas non están subordinadas ás necesidades do servizo. Ademais, tamén se están poñendo reservas para conceder permisos nas especialidades da familia profesional de Sanidade, nas que hai preto de 300 persoas que non están ocupadas, polo que esta xustificación non sería aplicábel. 

En calquera caso, este é un dereito do profesorado que non debe ser conculcado nin restrinxido en función da especialidade á que se pertenza porque isto sería claramente discriminatorio, sobre todo cando a causa do problema está na ausencia de planificación da Consellaría. Non é normal que se chegara a mediados de abril sen ter abertas con anterioridade as listaxes de substitución das especialidades máis deficitarias e que agora se castigue especialmente as persoas que están traballando como interinos e interinas naquelas especialidades nas que se convocan oposicións.

Volver