A CIG-Ensino fixo entrega de cabazas na Consellaría de Educación en repulsa á imposición da eliminación da xornada continuada matinal nos meses de xuño e setembro

O profesorado suspende á Conselleira

O 24 de abril a CIG-Ensino fixo entrega de cabazas á Conselleira de Educación para mostrar simbolicamente a reprobación e suspenso do profesorado á súa actitude autoritaria e antidialongante no asunto da imposición dun calendario escolar regresivo no que se suprime a xornada matinal continua. Neste acto asistimos máis unha vez a esta falla de talante da Consellaría cando mesmo se tratou de impedir a realización desta protesta.

A cig-ensino fixo entrega hoxe de cabazas na consellaría de educación en repulsa á imposición do calendario escolar

 

 

A CIG-Ensino fixo hoxe entrega de cabazas á Conselleira de Educación para mostrar simbolicamente a reprobación e suspenso do profesorado á súa actitude autoritaria e antidialongante no asunto da imposición dun calendario escolar regresivo no que se suprime a xornada matinal continua. Neste acto asistimos máis unha vez a esta falla de talante da Consellaría cando mesmo se tratou de impedir a realización desta protesta.

 

 

 

Tamén fixemos entrega doutra remesa de 1200 sinaturas (e xa van máis de 8.000) e de resolucións de claustros de profesores rexeitando esta imposición. Continuaremos a recoller máis sinaturas e pronunciamentos dos claustros de profesores.

 

A CIG-Ensino durante estes días leva realizando máis de 700 asembleas nos Centros Educativos nos que o profesorado está amosando a súa disposición a secundar a folga convocada para o día 3 e a asistir a manifestación que partirá da Praza do Toural ás 11:30 até a Consellaría de Educación.

 

Agardamos que a Consellería restabeleza o tipo de xornada que viña funcionando até o de agora, ou do contrario a CIG-Ensino ten a vontade firme de continuar coas mobilizacións e a folga máis alá do día 3 até conseguir este obxectivo.

 

 

Volver