A CIG-Ensino esixe que se retiren os nomes fascistas dos centros de ensino

Ensino democrático

A CIG-Ensino está a desenvolver unha campaña para que se elimine a simboloxía fascista dos centros de ensino. Consideramos que a exaltación de figuras que representan a intolerancia e o autoritarismo é incompatíbel cos obxectivos e valores que se pretenden alcanzar a través do proceso educativo e máxime en materias como Educación para a cidadanía que ten como fin primordial a formación para a participación activa e consciente nunha sociedade democrática.

Aínda perviven denominacións de centros que renden homenaxe a figuras da ditadura como o CEE Carmen Polo de Ferrol, a participantes activos no golpe de estado e na represión como o IES ALMIRANTE SALVADOR MORENO de Marín ou o CPR Salvador Moreno de Pontevedra,  a persoeiros de ideoloxía fascista como o CEIP Calvo Sotelo de Carballiño ou o IES Calvo Sotelo da Coruña ou a símbolos do réxime como é o IES 12 de outubro de Ourense. Mesmo atopamos algún que rende tributo ao propio ditador como o CEIP Francisco Franco de Beariz que, curiosamente, está situado na Rúa Carrero Blanco deste Concello e que, con estes referentes, é de supoñer as consecuencias negativas que pode ter nun alumnado do que se pretende que adquira uns modelos de conduta non violenta e dialogante, aberta e democrática.
Desde a CIG-Ensino, exiximos a limpeza da nomenclatura dos centros de ensino para eliminar os vestixios que exalten a violencia política, o golpismo e o fascismo.  Unha vez aprobada a chamada Lei da Memoria nas cortes que vai obrigar á dita retirada, pregamos que non se agarde á súa aplicación para que nos Centros de Ensino se anticipe o seu cumprimento dado que deben ser estes os pioneiros do desenvolvemento dos citados valores democráticos.
Por iso dirixímonos á Consellaría de Educación para que faga as xestións pertinentes co fin de rematar de vez o proceso de eliminación da simboloxía fascista.

Volver