A CIG-Ensino esixe a Consellería de Educación o restablecemento do Ciclo Medio de Emerxencias e Protección Civil do IES Antón Losada Diéguez da Estrada

Outra despropósito máis que mostra a improvisación da Consellaría de Educación

A CIG-ENSINOesixe á Consellería de Educación que rectifique e manteña o ciclo de FP de Emerxencias e Protección Civil creado no curso 2015/2106 que ven de eliminar repentinamente deixando sen esta opción a 76 persoas que xa estaban inscritas para poder acceder a algunha das 30 prazas que se ofertaban nesta formación

A decisión da Consellería de pechar o ciclo medio de emerxencias e protección civil do IES Antón Losada Diéguez, non só é un despropósito por facerse cando se fai (momento no que o alumnado xa non pode solicitar prazas noutros ciclos formativos), senón que ademais pon de manifesto a improvisación coa que traballa esta Consellaría xa que, este mesmo ano adxudicaron unha vacante no concurso xeral de traslados da especialidade Procedementos Sanitarios e Asistenciais, especialidade que só ten sentido neste centro de manterse o ciclo.

Esta decisión da consellería de suprimir o ciclo, non so deixa “tirado” ao alumnado e ao propio centro, senón tamén seus propios traballadores que van ver neste caso como perden o seu destino definitivo, e se verán obrigados agora a ter que concursar en calidade de “suprimido” e por tanto volver a facer as maletas, ou simplemente quedar sen traballo no caso do persoal interino e substituto.

A CIG-Ensino considera que se trata dunha decisión inadmisíbel desde calquera punto de vista, pois deixa sen posibilidade de cursar esta titulación a mais de 76 alumnos inscritos (segundo confirman desde o propio centro), dun día para outro, dando por finiquitada así unha formación fundamental para o futuro persoal técnico en emerxencias e de protección civil, e recortando unha vez mais a oferta formativa na comarca, oferta que ten demanda real por parte do alumnado e con posibilidades de inserción laboral.

Volver