A CIG-Ensino demandará na Mesa Sectorial a reunión técnica comprometida pola Consellaría para negociar as vacantes do CXT

O sindicato defende un incremento importante das vacantes para reducir o profesorado en expectativa en todos os corpos docentes, que suma máis dun milleiro en toda Galiza.

A Consellaría de Educación comprometeuse na última Mesa Sectorial a convocar reunións técnicas coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para revisar as vacantes ofertadas no concurso de traslados, logo da proposta feita pola CIG-Ensino. Mais até o momento só se celebrou unha reunión na que se avaliaron as vacantes do concurso específico de orientación do corpo de mestres. O resultado daquela reunión foi o incremento nun 42% no número de prazas ofertadas.

A CIG-Ensino elaborou a maiores dous estudos completos sobre dous dos sectores onde a porcentaxe de profesorado en expectativa é máis elevada e nos que a necesidade de ampliar postos definitivos nos centros é máis determinante.
Por un lado demandamos o incremento de 256 prazas de PT e AL para o corpo de mestres tras contrastar información con todos os centros docentes e detectar que un número importante de docentes destas especialidades repiten ano tras ano nos mesmos centros. Esta cifra serviría para cubrir a demanda existente de atención a alumnado con NEAE.
En paralelo, presentamos un informe demoledor no que se identifican os enormes de-saxustes existentes noutros niveis educativos (PES, PTFP, EOI, CMUS e EART). Fixémolo amosando a diferenza entre os destinos provisionais e a reducida oferta de postos definitivos, tanto por especialidades como seleccionando 123 centros nos que esa diferenza é igual ou maior a 10 docentes.
Dado que a esta altura a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos non cumpriu o seu compromiso de convocar as reunións pertinentes para estudar as vacantes provisionais, desde a CIG-Ensino demandaremos na vindeira Mesa Sectorial, que se-guramente terá lugar para a semana, que convoque esas reunións técnicas e poidamos achegar algo de transparencia a un proceso de oferta de vacantes que, especialmente nos corpos de secundaria, é un exemplo de como non debe actuar unha administración educativa.

A CIG-Ensino demandará na Mesa Sectorial a reunión técnica comprometida pola Consellaría para negociar as vacantes do CXT

Documento

Volver