A CIG-Ensino convoca unha consulta ao profesorado sobre o calendario escolar

Celendario Escolar

A CIG-Ensino, a través do seu Secretario Nacional, Anxo Louzao, fixo unha valoración altamente positiva da participación na folga e na manifestación do pasado día 3, pois o profesorado manifestou maioritariamente o seu rexeitamento ao tipo de xornada que se nos quere impor e a un acordo que buscaba fundamentalmente desconvocar a folga, o que, evidentemente, non conseguiu.

Rolda de prensa sobre o calendario escolar

A CIG-Ensino convoca unha consulta ao profesorado sobre o calendario escolar

 

A CIG-Ensino, a través do seu Secretario Nacional, Anxo Louzao, fixo unha valoración altamente positiva da participación na folga e na manifestación do pasado día 3, pois o profesorado manifestou maioritariamente o seu rexeitamento ao tipo de xornada que se nos quere impor e a un acordo que buscaba fundamentalmente desconvocar a folga, o que, evidentemente, non conseguiu.

É preocupante a información transmitida pola Consellería de Educación, porque neste caso posuían exactamente os mesmos datos que nós a través da consulta aos centros, e evidencia a súa negación a recoñecer a realidade de que a folga foi secundada maioritariamente, cando o lóxico sería que asumise o resultado do pronunciamento do profesorado e que comprendese que non pode continuar coa mesma actitude, como se non tivese ocorrido nada.

A CIG-Ensino mantén a súa convocatoria de folga no ensino privado concertado, para mañá 9 de maio, polos mesmos motivos que se levou a cabo no público, en calquera caso a incoherencia é das outras OO.SS. que aceptaron un acordo no ensino público que non lles vale para o concertado.

A CIG-Ensino, logo de ter solicitado distintas veces entrevista coa Conselleira de Educación, seguimos sen ser recibidos, mesmo despois do respaldo recibido na folga do 3 de maio, e seguimos agardando un cambio de actitude da Consellaría.

A CIG-Ensino, vai lanzar unha campaña en todos os centros para pedir ao profesorado que manifeste a súa opinión a través dunha consulta onde poña de manifesto cal é a súa vontade neste asunto e que non é certo que estean de acordo co asinado, pois supón a eliminación da xornada continua reducida matinal.

Tamén levaremos a cabo o vindeiro mércores día 16 de maio ás 11´30 en San Caetano, unha concentración de delegados e un acto simbólico para insistir na demanda de que se inicien negociacións para restablecer a xornada continua reducida, tal como está en vixencia na actualidade e respaldou o profesorado maioritariamente coa folga do día 3.

Volver