24/3/2017 Son centros concertados, pagados totalmente con diñeiro público, cuxos concertos foron obxecto de recurso pola CIG-Ensino e declarados ilegais polo Tribunal Supremo
A CIG-Ensino, ante a decisión do Concello de Vigo de outorgarlle o título de “Vigués distinguido” aos centros de ensino privados concertados Montecastelo e As Acacias, que segregan alumnado por razón de xénero, quere manifestar o máis rotundo rexeitamento ao outorgamento deste premio.
Contraportada CIG Informa 25 de novembro
 
24/11/2016 Novembro 2016
Falemos en presente. A violencia é un feito aínda hoxe. Despois de anos de denuncia, despois de ex- por a necesidade de concienciármonos, despois de denunciar cada asesinato, de modi car a lei, de ten- tar educar... a violencia segue presente, en todas as súas formas: física, psicolóxica, económica, social... Tentar explicar mesmo os pequenos mecanismos que son a base da pirámide sobre a que se ergue a violencia segue a producir incomodidade, mais é absolutamente necesario para erradicar esta lacra social.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
“Combatendo a violencia machista”
24/11/2016 Marga Corral: “Temos que artellar respostas colectivas ás múltiples violencias que sufrimos as mulleres”
A Secretaría da Muller da CIG conmemora este ano o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, cunha campaña que xirará arredor do lema “Combatendo a violencia machista” e que compila todas as accións que vén desenvolvendo na última década para “reducir, concienciar e combater a violencia machista”. Así o explicou a secretaria das Mulleres, Margarida Corral, quen fixo un chamamento a “artellar respostas colectivas ás múltiples violencias que sufrimos as mulleres” na rolda de prensa celebrada este luns en Compostela.
 
4/3/2016 Desenvolveranse este sábado 5 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago
A escola ten a responsabilidade de cuestionar roles e estereotipos tradicionais con tendencias reducionistas, fomentando un pensamento crítico, transformador de valores caducos e inxustos para as mulleres. Por todo isto a CIG-Ensino e a AS-PG organizan as XIII Xornadas da Muller: Identidade Sexual, Homofobia e Violencia de Xénero que teñen como obxectivos transmitir ao profesorado a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero e proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas. As xornadas desenvolveranse este sábado 5 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago.
 
20/11/2015 Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
cartaz 25 de novembro 2015
18/11/2015 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Unha de cada tres mulleres no mundo padeceu ao longo da súa vida un acto de violencia de xénero (maltrato, violación, abuso, acoso...). A violencia machista é a principal causa de morte das mulleres de entre 15 e 44 anos, por diante do cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e mesmo as guerras, segundo datos da Organization Mundial da Saúde ofrecidos polo Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM). Consulta no interior as mobilizacións convocadas pola CIG para o 25 de novembro.
 
18/11/2015 Convoca concentracións, o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, en cidades e vilas galegas
“Na túa empresa tamén hai violencia” é o lema da campaña deseñada pola Secretaría da Muller da CIG con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña coa que se quere chamar a atención sobre as agresións e a violencia simbólica, de abusos cotiáns, que sofren as mulleres no ámbito laboral e que foi presentada no marco dun encontro nacional de mulleres da CIG.
 
2/10/2015 Denuncia que esta persoa, que nunca estivo afiliada, facía un uso impropio da lista de correo para verter comentarios ofensivos e sexistas
A CIG vén de rexeitar publicamente -mediante un comunicado asinado pola Executiva Confederal, a Executiva da federación de Administración e a Comisión Nacional das Mulleres- o comportamento machista dun ex representante da central na Universidade de Vigo. O sindicato denuncia que esta persoa, que nunca estivo afiliada, facía un uso impropio da lista de correo para verter comentarios ofensivos e sexistas.
8 de marzo de 2015
5/3/2015 A CIG-Ensino xa solicitou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galiza que elaborase un Plan de Igualdade para o Ensino
Con motivo do 8 de marzo, a CIG-Ensino realizou un estudo sobre a representación que teñen as mulleres nos cargos directivos. No estudo pódese comprobar que tamén neste sector existe desigualdade á hora de ostentar cargos directivos. Se se ten en conta que o 81% do profesorado de Primaria son mulleres, cabe esperar que a porcentaxe de directoras nos centros de primaria sexa a mesma. Mais a realidade é ben distinta, pois a diferenza entre directoras (2,67%) e directores (9,60%) non reflicte a diferenza do censo en canto á composición de xénero. Extrapolado a un censo en que os dous xéneros estivesen igualmente representados, sería como dicir que os directores son o 78%. En Secundaria a realidade é similar. Se atendemos ao censo, as mulleres en Secundaria representan o 64%, mais son directoras o 5,35% das mulleres, fronte ao 7,61% dos homes. Extrapolado do mesmo xeito, é dicir, a un censo sen diferenzas de xénero, o peso porcentual dos directores é do 71%.
25 novembro 2014
26/11/2014 A CIG desenvolveu unha xornada de loita con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
“Erradiquemos a cultura da violencia machista”. Baixo este lema, a CIG desenvolveu este martes concentracións en todas as cidades –agás Vigo, onde tivo lugar o luns-, co gallo do 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha xornada na que, en palabras da Secretaria Confederal de Muller, Margarida Corral, máis alá de focalizar o problema nas vítimas, a central sindical quere ir á raíz dos comportamentos individuais e colectivos semente da cultura da violencia machista.
25 DE NOVEMBRO 2014 ROLDA
21/11/2014 En 2009 a Xunta destinou ao programa de accións para a Igualdade, protección e promoción da muller 32 millóns € e en 2015 destinará só 5,8 millóns €
Sete mulleres foron asasinadas en Galiza, no que vai de ano, vítimas da violencia machista. No primeiro semestre había 2.569 denuncias presentadas por esta causa. Estaban ademais en vigor 5.277 ordes de protección e os xulgados comunicaron 402 medidas de protección e afastamento. A rede de centros de acollida tivo, no primeiro trimestre, unha ocupación media do 62,41%, prestando servizo a 140 persoas, 77 mulleres e 63 menores, e recibiron atención psicolóxica por violencia machista 226 persoas. Malia isto reducíronse os orzamentos, sobre todo os destinados a igualdade, protección e promoción da muller que pasaron de 32 millóns € en 2009, a tan só 5,8 millóns en 2014.
Cartaz 8 de marzo 2014
7/3/2014 Denuncia que a crise e as políticas laborais do PP obrigan a emigrar de Galiza a máis de 58.000 mulleres de entre 15 e 34 anos
A taxa de paro feminino medrou só no último ano 1,5 puntos e duplica a de 2008. As mozas galegas emigran porque non atopan traballo en Galiza e xa desapareceron do padrón de habitantes máis de 58.000 de entre 15 e 34 anos, desde que comezou a crise. Este é o desolador panorama que retrataron a secretaria da Muller da CIG, Margarida Corral, e a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, na rolda de prensa de presentación do Informe “A muller no mercado laboral en Galiza en 2013” e da campaña que a central sindical está a desenvolver arredor do 8 de marzo. Anunciaron ademais o apoio da CIG á manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, o día 9 de marzo, con saída ás 12:00 horas da Estación do Tren de Compostela e chamou a participar nela porque como se recolle no lema deste ano “As políticas do PP prexudican seriamente os nosos dereitos! Quérennos na casa! Respondamos na rúa!”.
XI Xornadas da MUller
 
8/5/2013 Sábado 11 de maio

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
8 de marzo
8/3/2013 A central sindical celebrou unha xornada nacional de loita con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora
Baixo o acaído lema “FARTAS!”, a CIG realizou este venres xornada de loita nacional -con concentracións en todo o País- con motivo do 8 de Marzo; unha data na que a Secretaría da Muller da CIG denuncia que "non hai nada que celebrar" e a través da quere resaltar a loita diaria que todas as mulleres levan a cabo na defensa dos seus dereitos, fronte ás “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. No interior da nova podes acceder ao CIG-Informa editado pola CIG-Ensino con motivo do 8 de marzo.
Cartaz 8 de marzo de 2013
 
8/3/2013 Día Internacional da Muller Traballadora
No interior da nova podes acceder á publicación que a CIG-Ensino editou con motivo do 8 de marzo co lema Fartas! As mulleres estamos fartas da privatización dos servizos públicos e o desvío de fondos á privada ou de que nas aulas da Galiza non se fale galego. E despois de tantos anos temos que seguir firmes na defensa da nosa lingua e dos servizos públicos.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Cartaz 8 de marzo de 2013
4/3/2013 No marco da campaña do 8 de Marzo que este ano desenvólvese baixo o lema de “Fartas!”
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar, en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade anunciou as diversas mobilizacións que con este motivo convoca, ou nas que participa, a central sindical e denunciou as “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. Ademais presentouse o informe “A situación da Muller no Mercado Laboral en Galiza no ano 2012”, elaborado polo Departamento de Economía, no que se constata que, alén do paro, as condicións laborais da muller en Galiza son cada vez peores. No interior da nova podes consultar as concentracións convocadas.
25 de novembro Ilustración de Leandro
21/11/2012 Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Os contos tradicionais están cheos de monstros que asustan as mulleres e as crianzas que neles aparecen. Mais a realidade amosa día a día que eses seres violentos se agochan na vida real baixo unha faciana que nos é ben coñecida: a do patrón explotador, a do xefe acosador, a do agresor, a do calumniador, o chantaxista, a daqueles que nos castigan por sermos nais traballadoras, a dos que pretenden illar as mulleres, decidir por nós no control dos nosos corpos, lexislar para criminalizarnos, xogando coa nosa saúde e benestar, a de todos eses personaxes que, amparándose no machismo, perpetúan a violencia contra as mulleres, tamén no ensino. No interior da nova podes atopar materiais para traballar na aula.
Teresa Moure
7/3/2012 A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres
Desde o punto de vista educativo, o 8 de marzo debe ser tamén unha data para reflexionarmos sobre a coeducación, sobre as estratexias para coeducar nas aulas, sobre os avances ou non na visibilización das mulleres, das nenas, na sociedade actual e o papel do ensino nese proceso.
X Xornadas da Muller
 
29/2/2012 16 e 17 de marzo no IES As Fontiñas (R/ Estocolmo 5, Compostela)

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mulleres
24/11/2011 A CIG-Ensino quere hoxe denunciar esta situación porque o desemprego e a precariedade laboral contribúe á discriminación da muller e deste xeito mantéñense as desigualdades sociais que alimentan a violencia de xénero.
Como vén denunciando a CIG en todo este tempo, a crise económica está a agravar aínda máis a desigualdade que existe entre mulleres e hoxe. As solucións que os distintos gobernos están a pór en marcha, reducindo salarios, facilitando o despedimento nas empresa e recortando prestacións sociais e laborais, afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo así ao aumento da violencia de xénero. Porque aínda que a violencia contra as mulleres non está relacionada cunha clase social concreta, non é exclusiva de situacións de pobreza e de falta de recursos económicos, non é menos certo que en momentos de crise medra a tensión social e se agudiza a xerarquización de poder duns poucos sobre a maioría. Nesta entrada tamén tes enlaces onde poderás atopar máis información e recursos para traballar na aula.
Día Internacional da Muller 2011
 
3/3/2011 Proposta didáctica para as aulas
O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Con este motivo, a CIG-Ensino vén de elaborar un proposta didáctica para a aula, coa intención que sexa de utilidade e ofreza novas ferramentas de traballo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
secretaria da muller
 
22/11/2010 Día internacional contra a violencia de xénero
O Día 25 de novembro foi declarado “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999. Podes ver nesta ligazón un CIG Informa ao respecto deste día.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
secretaria da muller
4/3/2010 Presentación dun libro da CIG-Ensino polo 8 de marzo
Compostela, 4 de marzo de 2010.- A CIG-Ensino presentou en rolda de prensa “...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”. Unha publicación que pretende servir como apoio para traballar nas aulas sobre a discriminación da muller e favorecer unha educación en igualdade. As autoras, Carme Fouces, Celia Mª Armas García, María Pilar García Negro, Marta Dacosta e Xulia Rodríguez Bravo son todas profesoras de distintos niveis de ensino agás Laura Estévez, quen, como presidenta do Comité de Empresa do Consorcio, aporta unha visión sobre a necesidade dos servizos sociais para favorecer a conciliación.
secretaria da muller
26/11/2009 25 de novembro, día contra a violencia machista
O día 25, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, celebramos diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, unha concentración conxunta con outras organizacións sindicais do ensino co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do OPUS DEI que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente.
educacion
1/9/2009 Segregación por sexo
A CIG-Ensino presentou recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo. A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución. Os centros agraciados que se lles subvención totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS en concerto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya. en Vigo e Montespiño, e Peñarredonda na Coruña.
educacion
7/8/2009 A Consellaría promove o sexismo
A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución.Os centros agraciados que se lles subvenciona totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS, en concreto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya en Vigo e, Montespiño e Peñarredonda na Coruña
xunta
25/4/2009 Igualdade e coeducación
Diante do pronunciamento recente de certos grupos de presión ligados ao OPUS, agardando que a Consellaría de Educación recúe na súa intención de financiar con cartos públicos centros privados nos que se segrega o alumnado por razón de sexo, e fronte as respostas esquivas que sobre este asunto dá o novo Conselleiro, a CIG-Ensino quere reiterar a súa esixencia de que se lle retiren este tipo de axudas a ditos Centros
secretaria da muller
3/3/2008 8 de marzo, día da muller traballadora
A CIG-ENSINO presentou, hoxe, en rolda de prensa, as conclusións dun estudo sobre a participación das mulleres na dirección dos centros educativos galegos e a necesidade da elaboración dun plano de igualdade no ensino
cabo vilán
10/12/2007 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos
O día 10 de decembro, a CIG-Ensino e o Movemento polos Dereitos Civís quixeron conmemorar o día dos Dereitos Humanos presentando unha Unidade Didáctica sobre os dereitos das persoas. Este material educativo será enviado a todos os centros de ensino secundario de Galiza. Neste acto estiveron presentes o secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, o voceiro do MpDC, Renato Núñez, e o autor da Unidade Didáctica, Xoán Carlos Garrido.
secretaria da muller
21/11/2007 O ensino contra a violencia machista
Desde a CIG-ENSINO agardamos que a data do 25 de novembro non pase desapercibida nos centros educativos, pois é sumamente importante a prevención e a educación no intento da eliminación da violencia de xénero. A violencia contra as mulleres non é un asunto privado, senón un problema social e público, consecuencia dunha desigualdade histórica nas relacións de poder en todos os ámbitos. Por iso é necesario que, como docentes e educadores, non deixemos pasar estas datas sen evidenciar que esta violencia é algo frecuente dentro das familias, no traballo, na escola, na sociedade en xeral, e que é necesaria a súa eliminación.