8/5/2017 Arredor de 2000 escolares de centros da comarca correron polo galego en Santiago de Compostela baixo o lema “En galego, sen cancelas” hoxe, luns 8 de maio, pola mañá
A edición 2017 do Correlingua en Santiago de Compostela, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, tivo lugar hoxe, luns 8 de maio, en horario de mañá.
rolda 4 de maio 2017
4/5/2017 Consideran “inxustificábel” e “impresentábel” a súa resposta á queixa presentada pola exclusión do galego no Ensino
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar a “inxustificábel” resolución e actitude da Valedora do Pobo ante a formulación da queixa presentada sobre a exclusión e discriminación do galego como consecuencia da aplicación da LOMCE na ESO.
Cartaz 17 de maio 2017
25/4/2017 A convocatoria terá lugar baixo o lema “en galego sen límites” co que a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.
20170213 Foto de Sermos da entrevista co Conselleiro
14/2/2017 O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, consideran que as medidas que vai tomar a Xunta supoñen un novo ataque ao galego no ensino
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, reuníronse onte co conselleiro de Educación, Román Rodríguez e co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, con obxecto de derrogar o decreto de plurilingüísmo que, como consecuencia da aplicación da LOMCE, acrecentou a marxinación e a exclusión do galego no ensino, e de iniciar o proceso dunha nova norma que facilite a plena normalización lingüística do galego no ensino.
Peche xaneiro 2017 SXPL
1/2/2017 Acadaron o obxectivo de fixar unha reunión co conselleiro de Educación para os primeiros días da segunda quincena de febreiro
Arredor de 50 persoas, convocadas pola CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, pecháronse esta mañá en Política Lingüística, co obxectivo de conseguir unha xuntanza co Secretario Xeral, Valentín García, e acadar o compromiso de ser recibidos polo conselleiro de Educación para demandarlle que se abra un debate para a elaboración dun novo marco xurídico que garanta realmente a normalización lingüística no ensino e remate a actual situación de exclusión do galego. O peche rematou logo de ser recibidos polo primeiro e obter o compromiso dunha xuntanza co segundo nos primeiros días da segunda quincena de febreiro.
 
27/1/2017 Non aos recortes ao galego
A CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística están levando a cabo unha campaña en defensa do ensino en lingua galega por mor da actuación belixerante da Consellaría de Educación que non dubida en excluír unha vez máis a nosa lingua dun ámbito tan fundamental e imprescindíbel para a normalización como é o sistema educativo.
 Premio Rosalia ao Correlingua. Entrega
23/12/2016 O Correlingua dedica o premio ao profesorado que día a día traballa pola normalización da nosa lingua
Para a organización do Correlingua este premio vén recoñecer o traballo realizado polas entidades que promoven o Correlingua:  A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e AS-PG
Concentracion contra a redución do horario lectivo en galego  14 de decembro de 2016
14/12/2016 As modificación introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da nosa lingua respecto a xa contemplada no Decreto do Plurilingüismo
A CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse na mañá deste mércores 14 de decembro diante da Consellaría de Educación contra a redución do horario lectivo en galego na ESO provocado pola implantación da LOMCE. Na concentración, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, acusou á Consellaría de Educación de aproveitar a implantación da LOMCE para reducir a presenza do galego nas aulas. Louzao denunciou que as modificación introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da nosa lingua respecto a xa contemplada no Decreto do Plurilingïsmo pensado “para erradicar o galego como lingua vehicular no ensino”.
Entrega queixa en galego Valedora do Pobo
12/12/2016 Coa nova lexislación educativa o alumnado de ESO ten 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, entregaron este luns 12 de decembro, unha queixa dirixida á Valedora do Pobo na que solicitan que inste á Consellaría de Educación a asegurar que en todos os cursos da ESO se garanta, como mínimo, o mesmo número de horas de ensino en galego que en español.
A Mesa CIG- ENSINO 29 11 2016
29/11/2016 A presenza da nosa lingua no ensino secundario é inferior ao 15%
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar a “persecución” que sofre a nosa lingua no ensino, en xeral, e na ESO, en particular, cunha presenza inferior ao 15% a consecuencia da combinación “explosiva” do Decreto de Plurilingüismo coa LOMCE. Unha situación que vulnera a legalidade nacional e internacional e contra a que xa anunciaron mobilizacións. A primeira, unha concentración diante da Consellaría o 14 de decembro ás 11:00 horas.
 
28/11/2016 Colabora coa CIG-Ensino e a Associação de Docentes de Português na Galiza na introdución do ensino do portugués no teu centro
Actualmente, o portugués é ofertado para o seu estudo en 60 centros públicos da Galiza.. Moito pouco, tendo en conta que hai 341 centros públicos e máis de 130.000 alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato no ensino público. Todas e todos os galegos deberiamos ter uns mínimos coñecementos desta lingua, dada a nosa orixe cultural e lingüística común e a necesidade de coñecemento mutuo cara un futuro que ten que aproximarnos máis, para alén das relacións económicas.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
3/11/2016 Despreza a nosa lingua propia incumprindo a normativa dos topónimos galegos no portal web de Educación
A Consellaría de Educación vulnera a Lei de normalización lingüística no seu portal web, ao utilizar para a localización dos centros de ensino mapas que deturpan topónimos e que son utilizados na súa forma ilegal, barbaramente españolizados.
17 de maio 2013 CIG ENSINO PANCARTA
30/9/2016 A CIG-Ensino denuncia tamén a marxinación do noso idioma na Circular dirixida aos auxiliares de conversa
A modificación da carga lectiva dalgunhas materias que provocou a implantación da LOMCE ten como consecuencia a diminución do horario de impartición en lingua galega, xa de por si moi reducido por mor da imposición do Decreto 79/2010. Por esta razón, a CIG-Ensino vén de exixirlle ao conselleiro de Educación unha actuación de urxencia para que a Xunta adecúe as áreas que hai que impartir obrigatoriamente na nosa lingua e levante o veto para impartir certas materias en galego, nomeadamente Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía. A CIG-Ensino advirte que, se esta corrección non se produce, levará a cabo os procedementos legais correspondentes.
Correlingua A Coruña 2016
16/7/2016 A organización comparte o premio con todo o profesorado, alumnado, participantes nas festas finais e institucións que ao longo destes dezaseis anos apoiaron a actividade
O Correlingua expresa o seu agradecemento ao xurado do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña a iniciativas normalizadoras destinadas á infancia e á mocidade. Desde o Correlingua valorarmos que este premio vén recoñecer o traballo realizado polas entidades que promoven o Correlingua: CIG-Ensino, A Mesa e AS-PG. Este premio tamén recoñece a implicación de todo o profesorado e alumnado dos centos de centros educativos participantes, sen cuxa concorrencia esta actividade non sería posíbel.
 
3/6/2016 Vén de publicar unhas axudas raquíticas, para os equipos de normalización dos centros, cando só faltan 20 días para rematar o curso
A CIG-Ensino ten que denunciar cada ano o desprezo da Consellaría de Educación pola nosa lingua e polo traballo do profesorado e dos Equipos de Normalización Lingüística. Non doutro xeito se pode cualificar a teimosía con que insiste en convocar unhas raquíticas axudas durante o segundo trimestre do curso, axudas que non se resolven até estar avanzado o terceiro trimestre. Este ano, unha vez máis, no mes de xuño, cando apenas quedan vinte días para que finalice o curso.
CORRELINGUA 2016 lugo
16/5/2016 O lema deste ano “O galego está en nós” estaba inspirado nun poema de Manuel María
Ao redor de 45000 rapaces e rapazas participaron na 16ª edición do Correlingua que se desenvolve este ano en 12 localidades (as 7 cidades máis Burela, Ponteareas, A Estrada, Monforte e Cangas) e na que se implicaron aproximadamente 200 centros. Nesta edición, que tiña como lema “O galego está en nós”, inspirado nun poema de Manuel María, colaboraron entre outros e outras a Sés, Federico Rei, Sergio Álvarez ou Ledicia Costas.
Correlingua santiago 2016 2
13/5/2016 Ao redor de 2.000 escolares de centros da comarca correron polo galego en Santiago de Compostela baixo o lema “O galego está en nós” hoxe, venres 13 de maio
A edición 2016 do Correlingua en Santiago de Compostela, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, foi celebrada está mañá na Praza da Quintana.
O idioma é a vida
 
12/5/2016 Asina o manifesto "O idioma é a vida"
A lingua é a maior creación colectiva dun pobo, a expresión máis clara da súa existencia e vontade de se desenvolver. ASINA O MANIFESTO
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Correlingua A Coruña 2016
3/5/2016 Percorreron o Paseo Marítimo dende a zona de Riazor até a Torre de Hércules baixo o lema “O galego está en nós”
Milleiros de rapazas e rapaces dos centros de ensino da comarca da Coruña, Bergantiños e da Costa da Morte participaron este martes na 16ª edición do Correlingua na Coruña, que nesta edición se desenvolve baixo o lema “O galego está en nós”.
Correlingua Pontevedra 2016
2/5/2016 O alumnado da comarca percorreu as rúas da cidade e celebrou unha festa na Praza da Ferrería
Arredor de 2000 escolares dos centros de ensino da comarca de Pontevedra participaron hoxe na primeira etapa do Correlingua 2016, unha iniciativa pola lingua galega que pasará por unha ducia de localidades do país até o vindeiro 16 de maio. Na xornada de hoxe, o alumnado percorreu as rúas da cidade e celebrou unha gran festa final na Praza da Ferrería.
Presentación 17 de maio Santiago 2016
2/5/2016 Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG
Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.
Presentación Correlingua 2016
19/4/2016 A 16ª edición do Correlingua foi presentada na mañá do 19 de abril en Pontevedra
No acto participaron 70 alumnas e alumnos dos tres centros gañadores dos certames de Manifesto, Vídeo e Banda Deseñada. A edición 2016 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Ourense, e as Deputacións de Lugo, Pontevedra e a Coruña.
Concentración Queremos Galego TSXG
14/4/2016 Durante o acto entregouse un escrito dirixido ao presidente da Sala que ditou a sentenza contra o galego
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo concentrouse esta mañá ás portas da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo.
Rolda de prensa Queremos Galego marzo 2016
14/3/2016 O primeiro acto vai ter lugar o mércores 16 de marzo ás 11.30 diante do concello de Lugo
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, valorou hoxe a sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo, que eliminou algúns aspectos fundamentais como o dereito da cidadanía a recibir atención en galego por parte de servizos contratados pola administración a empresas privadas.
CONCENTRACION CELGA 25 DE MARZO DE 2014
7/3/2016 O Tribunal Supremo ratifica as sentenzas gañadas pola CIG-Ensino no TSXG
O Tribunal Supremo vén de declarar a inadmisibilidade do recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que declaraba nulos os despedimentos do profesorado Celga levados a cabo pola Consellaría de Educación.
17 de maio 2013 CIG ENSINO PANCARTA
22/1/2016 Para a CIG-Ensino, o informe do Consello de Europa é un novo argumento a prol da derrogación do Decreto 79/2010
A CIG-Ensino esixe da Consellaría que deixe de mentir e de atacar o noso idioma. O cuarto informe do Comité de Expertos da Carta Europea das linguas pon en evidencia a actitude da Consellaría de Educación pois constata a neglixencia e os incumprimentos da Administración, o descenso no uso do noso idioma e a falta de obxectividade da Consellaría na análise da situación, pois, como comprobou o Comité de expertos, achegou datos que están en contradición cos fornecidos por entidades non gobernamentais a prol do idioma e non ten en conta estudos independentes. En conclusión, para a CIG-Ensino este informe sinala claramente a Consellaría de Educación como culpábel da situación do idioma e fai unha valoración absolutamente negativa da política lingüística da Xunta.
 
12/1/2016 A CIG-Ensino vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso
A Consellaría publicou o pasado 30 de decembro (vacacións do Nadal) a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2015/16. Un ano máis, a Consellaría recunca no recorte das axudas para a promoción da lingua galega.
 
12/1/2016 A CIG-Ensino vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso
A Consellaría publicou o pasado 30 de decembro (vacacións do Nadal) a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2015/16. Un ano máis, a Consellaría recunca no recorte das axudas para a promoción da lingua galega.
 
20/10/2015 A Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG-Ensino e a profesora Ana Belén Tajes mantiveron unha reunión co secretario xeral de Política Lingüística
A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino valoran positivamente a información que lles trasladou a SXPL mais lembran que non pode quedar en palabras senón que ten que actuar con urxencia para evitar máis actuacións de discriminación lingüística.
Presentación escrito conselleiro Política Social
16/10/2015 Denuncian a persecución que sufre unha traballadora por empregar a lingua galega
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, presentaron este venres 16 de outubro, no Rexistro Xeral da Xunta, un escrito dirixido ao conselleiro de Política Social no que lle solicitan que actúe de inmediato e paralice a persecución que está a sufrir unha traballadora do centro Jungle World por empregar o noso idioma nas aulas que imparte. A CIG-Ensino e A Mesa esíxenlle ao conselleiro de Política Social que adopte as medidas pertinentes para garantir os dereitos lingüísticos de todo o persoal que traballa no centro, pero tamén unha oferta positiva do galego, tal e como establece a Lei de Servizos Sociais.