31/5/2016 Denuncia que hai alumnado que ten que cursar esta materia en contra da súa vontade
A CIG-Ensino dirixiuse á Consellaría de Educación para solicitarlle que modifique con tempo a norma que regula os currículos de ESO e de Bacharelato porque o deseño actual provoca que haxa alumnado que ten que cursar Relixión en contra da súa vontade pola falta dunha materia alternativa.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
11/9/2015 Móstrase unha vez máis que se tenta obrigar ao alumnado a cursar relixión
A CIG-Ensino denuncia que a implantación da LOMCE no bacharelato está poñendo en evidencia que esta lei e a súa aplicación son claras apostas pola confesionalidade, como demostran as dificultades do alumnado, neste inicio de curso, para poder optar a unha materia dunha hora de duración que non sexa a relixión.
Alumnado concertada
24/2/2015 Todo indica que, segundo a xurisprudencia existente, o Tribunal Supremo volverá a darnos a razón
Despois da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarando legais os concertos educativos que segregan o alumnado por razón de xénero, correspondentes aos anos 2013-2017, a CIG-Ensino preparou o recurso de casación perante a sala terceira do Tribunal Supremo (TS) en contra desa sentenza, que vén de ser admitido polo TSXG.
Alumnado concertada
23/1/2015 O Tribunal Supremo xa declarou ilegais os concertos entre os anos 2009-2012 dándolle a razón á CIG-Ensino
A CIG-Ensino recorrerá en casación ante o Tribunal Supremo a sentenza que vén de ditar o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarando legais os concertos cos centros que segregan alumnado por razón de xénero e que corresponden aos anos que van desde o 2013 ao 2017, despois da denuncia presentada polo noso sindicato.
Cura
26/5/2014 A CIG-Ensino considera que estamos ante un caso de persecución ideolóxica e de impedimento da liberdade de cátedra
A CIG-Ensino vai reclamar a paralización do apercibimento a unha docente por negarse a participar nunha actividade de carácter confesional. O Xefe Territorial de Pontevedra, César Pérez Ares, ex-concelleiro e ex-presidente do PP de Tomiño, manifestou ao ser interpelado pola CIG, que esta profesora recibiu un apercibimento, porque segundo Educación a profesora está obrigada a participar nunha actividade de carácter confesional por ter sido esta incluída no Proxecto Xeral Anual do centro.
 
13/6/2011 Anxo Louzao asegura que conculca os principios de igualdade e libre concorrencia
O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, comparecía hoxe en rolda de prensa acompañado dos pais dun alumno do IES Concepción Arenal, de Ferrol, que non obtivo matrícula de honra ao computarse a nota da materia de relixión para calcular a media. Un feito que consideran “discriminatorio” e que ademais ten consecuencias económicas, tanto á hora de formalizar a matrícula, como ao solicitar praza nunha residencia universitaria.
Consello Escolar do Estado edificio consejo escolar del estado
8/6/2011 Lamentamos que, porén, non se aprobase a proposta de revisar o Concordato co Vaticano, co obxectivo de que o ensino de relixión non forme parte do currículo escolar, pola diferenza dun só voto
O día 2 de xuño tivo lugar o Pleno do Consello Escolar do Estado, máximo órgano de participación do ensino en todo o Estado no que se aprobou o Informe sobre el estado y situación del sistema educativo para el curso 2009-2010.
laicidade
6/6/2011 Ensino laico e igualitario
A CIG-Ensino ten constancia de que o IES Concepción Arenal de Ferrol está considerando a cualificación da materia de relixión para calcular a media co fin de elaborar a proposta de alumnos e alumnas que optan á matrícula de honra. Concretamente, alumnos que, polas súas notas nas demais materias, non optarían a esta matrícula de honra, logo de reclamar ao departamento de Relixión foilles incrementada a nota e, agora, atópanse en disposición de que se lles conceda a dita matrícula de honra, en detrimento dos alumnos/as que non cursan esta materia.
laicidade
2/11/2010 Pola laicidade, fronte aos derroches ostentosos e polo respecto ás liberdades de expresión e manifestación
A CIG respecta a liberdade relixiosa e a liberdade de expresión, non se opón á visita de ningún líder relixioso, nin que se leven a cabo os actos que considere pertinentes ou que expoña os seus puntos de vista sobre aqueles asuntos que lle apeteza. O que non pode aceptar é que todos os galegos e galegas teñan que facer un esforzo económico, sobre todo nas actuais circunstancias de crise e paro, independentemente das nosas conviccións relixiosas, para sufragar uns faustos con custos tan elevados (varios millóns euros).
Feixoo con anpe
20/10/2010 A Consellaría de Educación confesional e trapalleira
O Sr. Feijoo, como Presidente da Xunta de Galiza, e o Sr. Jesús Vázquez, como Conselleiro de Educación, van participar nas “VI Xornadas de Convivencia Escolar” organizadas por ANPE, en Ourense, os días 22 e 23 de outubro, que están patrocinadas pola Deputación provincial de Ourense e homologadas pola propia Consellaría de Educación por 8 horas de formación do profesorado.
peche4
27/9/2008 Coeducación
A CIG-Ensino presenta contencioso administrativo ante o tribunal superior de Galiza en contra da concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razóns de sexo
relixion
30/6/2008 A Relixión NON debe formar parte do currículo escolar
O día 26 de xuño de 2008 O Consello Escolar do Estado instou ao goberno ao través dunha proposta da CIG-Enino a REVISAR O CONCORDATO CO ESTADO VATICANO CO OBXECTIVO DE QUE A ENSINANZA DA RELIXIÓN NON FORME PARTE DO CURRÍCULO ESCOLAR. Podes ver tamén as numerosas propostas presentadas pola CIG-Ensino e aprobadas, así como as non aprobadas.
xunta
19/6/2008 Bacharelato
Ven de anunciarse a aprobación do Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe e mesmo os seus erros manifestos, que obrigarán en breve a ter que modificar o seu contido que foi froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino como é o caso da xerarquía da igrexa, en vez de escoitar as demandas da comunidade educativa.
relixion
21/5/2008 Primeira entrega de sinaturas
A CIG-Ensino levou a cabo unha concentración o 21 de maio, ás 12:00, diante da Consellaría de Educación, e entregou máis de 2625 sinaturas do profesorado, reclamando un novo Decreto de Bacharelato
relixion
20/5/2008 Exitosa xornada de aulas reivindicativas
Hoxe, 20 de maio, levouse a cabo unha xornada de aulas reivindicativas por un Bacharelato máis compensado, laico e de calidade, en máis de 60 centros de ensino secundario, en diversas localidades do País
relixion
19/5/2008 Compensado, laico e de calidade.
O martes 20 de maio, a proposta de CIG-Ensino, diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza impartirán clase fóra das aulas para evidenciar o rexeitamento á proposta de Bacharelato presentada pola Consellaría de Educación
relixion
14/5/2008 Relixión fóra do horario ordinario
O día 14 de maio, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, a CIG-Ensino realizou unha concentración e un acto reivindicativo-lúdico co obxecto de chamar a atención sobre a degradación que sofre o bacharelato co decreto que propón a Consellaría.
XUNTA
8/5/2008 Decreto bacharelato
A Conselllaría de Educación ven de facer pública a ampliación nunha hora de carga lectiva para esta materia de Bacharelato
consello escolar
5/5/2008 Por que apoia un Bacharelato rexeitado polo profesorado
Diante do uso que está a facer a Consellaría deste organismo, instrumentalizandoo en función dos seus intereses para lexitimar un Decreto contestado pola maioría do profesorado, compre lembrar como respondeu esta entidade e o papel que tivo cada quen. Coa folga e a manifestación quedou en evidencia que a súa decisión é contraria ao expresado pola maioría do profesorado.
consello escolar
29/4/2008 Creatividade fronte á imposición
O 28 de abril tivo lugar unha conentración diante do Consello Escolar de Galiza para que os seus membros tiveran presentes a problemática dos colectivos afectados pola reducción de horas e demandando un barcharelato laico e de calidade
consello escolar
25/4/2008 Por un bacharelato compensado, laico e de calidade
Estas mobilizacións e outras accións que estamos a realizar son para abrir unha nova canle de negociación para acadar outro Decreto de Bacharelato que teña en conta as propostas da CIG-Ensino, apoiadas polo profesorado afectado, entre as cales están as seguintes:
pontevedra 15-12
25/4/2008 Aclaracións aos ataques de CCOO e UGT
Diante da campaña de ataques covardes contra a proposta de sacar do horario ordinario a relixión no sentido de darnos a razón para de seguido soster a imposibilidade legal de levala a cabo, desde a CIG-Ensino queremos facer unha serie de puntualizacións polas acusacións e terxiversacións interesadas coas que se pretende intoxicar a opinión pública.
folga privada
18/4/2008 Resumo: Paremos Este Decreto
Toda a campaña para parar o Decreto de Bahcarelato.
xustiza
30/7/2007 Contencioso Administrativo da CIG-Ensino
A CIG-ENSINO ven de presentar recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza co obxecto de impugnar a orde que ven de ser publicada o 24 de xullo pola Consellaría de Educación pola que se regula a relación laboral do profesorado de relixión.
concentracion plastica
25/3/2007 Carga Horaria da ESO
A CIG celebrou unha concentración con motivo das xornadas de plástica protestando pola drástica reducción da carga horaria desta disciplina xunto coas de música e tecnoloxía
eso tenoloxia
21/3/2007 Carga Horaria da ESO
A pasada semana a CIG-Ensino convocou varias asembleas co profesorado destas materias para o que a Consellaría de educación propón unha redución da carga horaria obrigatoria de máis do 40%. Nesas asembleas propúxose a realización dunha manifestación que hoxe percorreu a cidade de Compostela, cunha importantísima participación. Nestas asembleas tamén se acordara realizar unha solicitude de entrevista dirixida á Conselleira.
ANXO LOUZAO
19/3/2007 Implantación da LOE
O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentou en rolda de prensa a posición da central a respecto da proposta da consellaría de Educación para a aplicación da LOE en Galiza, nomeadamente no que se refire aos currículos no ensino secundario obrigatorio e as consecuencias derivadas deste proxecto de decreto. Logo de levar a cabo asembleas por toda Galiza, acordouse levar a cabo unha mobilización o vindeiro mércores diante da Consellería
mec
22/11/2006 Entrevista da CIG coa Ministra de Educación
O 21 de novembro, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o membro da Executiva, Duarte Correa, foron recibidos pola Ministra de Educación. Informámosvos do resultado desta entrevista